Festa Pirata e IV Festa de Verán
Este presente mes de agosto ven cargado de eventos no Club do Mar:
- Do 9 ó 10 de agosto, coincidindo coa Festa Pirata que se leva a cabo no peirao mugardés, realizaránse degustacións gastronómicas de cigalas, polbo a feira ou churrasco ó mediodía e a noite-tarde. A ración terá un prezo de 10€.
- Sábado 10 as 17.30 horas realizarase unha regata de bateis para as categoría inferiores. Nela participarán os clubs de C.R. de Celeiro, C.R. San Felipe, C.R. Fontán-Sada, C.R. Mera, C.R. Narón, C.R. A Cabana, C.R. Cedeira, C.R. Perillo e o Club do Mar de Mugardos.
O día 17 de agosto celebrarase a IV Festa de Verán do Club do Mar, que contará cos seguintes actos:
- Ruta de iniciación a BTT, para nenos a partir dos 6 anos e os seus pais. Para participar será imprescindible un bo manexo da bicicleta e o emprego de casco. A saída realizarase as 10.00 da maña diante do local do club e a ruta incluirá avituallamento e sorteo de agasallos. O prezo será de 3€ para os socios e de 5€ para o resto. A inscrición pode realizarse neste formulario, podendose comprobar a inscrición neste outro.
- A partir das 13.00 horas comezarán as degustacións de polbo a feira ou navallas, incluíndo cachelo, pan e viño o prezo de 10€.
- Durante a tarde estarán dispoñibles para os cativo xogos inchables e disputaranse os campionatos de futbolín e chave por parellas. As inscricións para estes campionatos poderán realizarse na cantina do club ata o día 16 as 20.00 horas.
- Pola noite seguirá a festa co grupo musical H&C dende as 21.30 as 3.00 horas.
Presentación da “III Bandeira Reganosa”
Este martes 23 de xullo presentouse no salón de plenos do concello de Mugardos a “III Bandeira de Traíñas Reganosa” patrocinada por Reganosa e organizada polo Club do Mar de Mugardos e a Liga Galega de Traiñeiras.
Ó acto de presentación foi presidido por D. Carlos Vales (Director de Operacións de Reganosa), D. Xosé Barcia (Alcalde de Mugardos), Dª. Pilar Díaz (Responsable de Deportes) e D. Guillermo Pereira Coto (Presidente do Club do Mar de Mugardos).
O acto tamén acudiron representantes dos diferentes grupos políticos municipais.
Na regata, que se disputará o próximo domingo 28 de Xullo as 12.00 horas, competirán os oito equipos que conforman a Liga A da LGT: Chapela, Amegrove, Samertolomeu de Meira, Cabo da Cruz, Vilaxoán, A Cabana e C.R. Mecos. A regata percorrera unha distancia de 5556 metros divididos en 4 longos, dende o peirao de Mugardos ata o peirao carboeiro de Ferrol aproximadamente.
Ó rematar a regata as 13.30 horas, como ven sendo tradición, realizarase unha churrascada no Club do Mar para celebrar con tódolos socios e xiareiros esta nova edición da Bandeira do Club.
Trail Mugardos – Montefaro
O Club do Mar – Pulpeiros BTT organiza o vindeiro 8 de setembro a ” I CARREIRA DE MONTAÑA MUGARDOS MONTEFARO” .
Esta nova actividade dun trail de montaña para a entidade realizase coa inestimable axuda de Trinity (Narón) que patrocina e colabora coa realización do evento.
O trail discorrerá por unha zona tan espectacular e fermosa como é a ría de Ferrol, repleta de corredoiras con incribles vistas ó mar.
O trail partirá dende o Pabillón Municipal do Cristo en Mugardos (como chegar) as 9.00 AM, realizándose a recollida de dorsáis hasta unha hora antes. A distancia do percorrido é de 23 KM, contando cun desnivel acumulado positivo de subida de 911 metros e negativo de baixada tamén de 911 metros, e o número de participantes esta limitado a 250. Tamén entregaranse dorsais de forma previa os días 6 e 7 de setembro en Trinity (como chegar).
O custe da inscrición será de 11€ por participante. O custe da churrascada posterior a proba será de 10€ (para os que se queiran quedar a comer) e poderase levar acompañantes aboando a mesma cantidade por persoa. A proba contará con servizo gratuíto de consigna, onde poder deixar mochilas ou prendas.
A inscrición rematará o día 4 de setembro para os que se queden a comer ou o 5 de setembro para o resto de participantes, tamén se cerrará a inscrición ó alcanzar os 250 participantes.
A participación na carreira inclúe: agasallo, duchas, servizo de consigna e avituallamento.
- Formulario de inscrición (Federación Galega de Atletismo)
- Estado da nosa inscrición
- Track da ruta
- Evento en Facebook
- Reglamento da proba
Para resolver calqueira duda pode poñerse en contacto con nos nos teléfonos 981 471 070 e 669 255 740 ou en Trinity Narón.
Durante a proba realizaranse fotografías e gravacións en vídeo do evento.
Presentación da LGT 2013
Este sábado, 22 de Xuño, celebrouse en Santiago de Compostela, no centro comercial Area Central, a presentación da LGT para este ano 2013.

O acto comezou as 19.00 horas repetindo como presentador Terio Carrera e nel participaron D. Jose Juan Duran Hermida Presidente de Portos de Galicia, o Presidente da LGT D. Diego Portela e o Subdirector Xeral de Deportes D. Carlos Gómez Martínez. O acto tamén acudiron alcaldes e concelleiros dos pobos dos equipos participantes e entre eles o Concelleiro de Deportes de Mugardos D. Xosé Antón Bouza Rey.

A liga deste ano estará composta por 17 equipos (8 na Liga-A e 9 na Liga-B) destacando a incorporación do C.R. Cabo da Cruz B e a baixa de último hora do C.R. Muros por motivos económicos.
Despois da boa tempada realizada polo Club do Mar de Mugardos o obxetivo do Club e manter a categoría de cara o ano que ben, para seguir así na elite do remo galego.
A principal novidade da liga de este ano e a creación dunha liga feminina de trainerillas na que competirán sete equipos.
Faro de Vigo “Traineras listas para surcar las aguas” [21-06-2013]

















































Resultados Campionato Galego Outrigers 2013
Este pasado sábado, 22 de Xuño, celebrouse en Castrelo de Miño o “Campionato Galego de Outrigers” en categorías inferiores nos que os xoves remeiros do Club do Mar de Mugardos competiron nas categorías: 2X Infantil Feminino, 2X Alevín Masculino, 1X Infantil Feminino, 1X Infantil Masculino e 1X Cadete Feminino.
Os resultados acadados, entre os que destacan a prata no 2X infantil feminino e o bronce no skiff cadete feminino, foron os seguintes:
- 2X IF: 2º Posto (Lupa e Vanessa).
- 2X AM: 4º Posto (Brais e Raul).
- 1X IF: 7º Posto (Marica).
- 1X IM: 6º e 10º Posto (David e Adrián).
- 1X CF: 3º Posto (Leticia).
Diario de Ferrol “Los clubes locales lograron más de veinte medallas en Castrelo do Miño” [25-06-13]
Programa verán 2013
inscrición para a escola de verán do Club do Mar no local social da entidade.
Xuño e Xullo
- Xogos Populares: Comezo do Torneo de Chave verán 2013.
- Deporte base: Escola de Remo de verán do Club do Mar de Mugardos.
- Xogos populares: Remate do Torneo de chave “ Verán Club do Mar” coincidindo cas festas locais.
-
Bicicleta: O domingo 30 de xuño: Rota de BTT “Entre Dúas Rías 2013”.
- Traíñas: Participación da Traíña do Club do Mar de Mugardos na 1ª división da Liga Galega de Traíñas.
- Festa e gastronomía: O 13 de xullo: Festa do Polbo, no peirao de Mugardos, posto de venda de polbo, empanada e produtos promocionais do Club.
-
O 28 de xullo, III Bandeira de Traíñas” REGANOSA” Liga Galega de Traíñas, dende ás 12 h. no peirao. Ás 14 h. churrascada popular e navallas á plancha diante do Club do mar.
Agosto
-
Deporte base: Escola de Remo de verán do Club do Mar de Mugardos.
- Traíñas: Participación da Traíña do Club do Mar de Mugardos na 1ª división da Liga Galega de Traíñas.
- O 25 de agosto, sábado, “IV FESTA DE VERÁN DO CLUB DO MAR”:
Ás 9,30h.: III Rota de BTT “ Verán Club do Mar”.Maiores de 6 anos. Saída e chegada ao Club do Mar.
Dende as 13 h. diante do Club: Churrasco e navallas á plancha cachelos, pan e viño, ata rematar existencias. Amenizado por grupo de música.
Ás 17 h. comezo dos xogos populares (cucaña e tirada de corda) e deportivos.
Dende as 20 h. música e festa ata estoupar!.
Correspondencia co Alcalde de Mugardos
O pasado 9 de Maio, con número de entrada de rexistro 2555 no Concello, a directiva desta entidade fíxolle entrega o Alcalde de Mugardos, Don Xosé Fernández Barcia, dun escrito onde a sociedade expresaba o seu rexeitamento do trato do concello cara ela ante a insuficiencia das axudas económicas e a falta de Convenio de Escolas Deportivas dende a convocatoria 2011/2012.
O escrito na súa totalidade pode lerse a continuación:
O día 24 de Maio o alcalde respondía o Club do Mar co seguinte escrito:
Ruta BTT EDR 2013
Outro ano máis, xa estamos aquí coa sétima edición da “Entre Dúas Rías”. Comeza a travesía dunha ruta que navega entre dúas rías excepcionais e entre os Concellos de Mugardos e Ares. Descubrirás unha zona incrible cunhas corredoiras desde as que terás unhas vistas ó mar impresionantes.
O día 30 de xuño a ruta partirá dende o Pavillón municipal do Cristo (Mugardos) ás 09:00 a.m. dende donde iniciaremos un percorrido de 54 km, por carreiros que seguro gustaranvos.
Como chegar o pavillón dende a AP-9.
Na inscrición deste ano chegaremos hasta os 350 participantes.
A inscrición ten un custe de:
- Non federados 19€ (7€ inscripción + 12€ de licencia por un día).
- Federados 7€ (é necesario especificar a qué club pertences e o número de licencia)
O prezo da comida para os participantes que queiran quedarse é de 10€, e para os acompañantes 11€ por persoa.
II Premio Estudo e Deporte
É unha iniciativa do IES Mugardos en colaboración co Concello de Mugardos, o Club do Mar de Mugardos, a SDC Galicia de Mugardos e a ANPA O Castro para premiar aos estudantes do centro que mellor se desenvolven nos aspectos social, deportivo e académico.
Trátase poñer en valor aos xoves con habilidades sociais capaces de organizarse e de programar o seu tempo con eficacia para render positivamente nos estudos e na actividade física.
OBXECTIVOS
- Premiar e valorar o esforzo dos estudantes-deportistas do IES Mugardos.
- Potenciar as actividades deportivas.
- Mellorar o rendemento escolar.
- Incentivar valores sociais, deportivos e académicos.
- Integrar os ámbitos escolar e deportivo.
PARTICIPANTES
Alumnado do IES de Mugardos que practica deportes ou actividades deportivas ou actividades físicas regulamentadas, individuais ou colectivas, coa supervisión dun adestrador ou adestradora.
Será necesario que a entidade deportiva na que o alumna ou alumna desenvolva a súa actividade, estea disposta a participar nesta iniciativa.
PREMIOS
- Haberá dous premios -feminino e masculino- por categoría. En caso de empate decide á maior puntuación no rendemento académico.
- Os premios consistirán en diploma, trofeo e dotación económica e vale para uso do complexo acuático O Castro durante un mes.
- Os premios entregaranse no acto cultural de remate do curso 2012-2013 no IES Mugardos.























