Ruta solidaria “Día Internacional do Donante de Médula Ósea”

O vindeiro día 28 de setembro en colaboración con ASOTRAME desenrolarase unha ruta solidaria en bicicleta para sensibilizar e concienciar sobre a donación de médula ósea. Na realización da ruta tamén colaboran o Concello de Mugardos e a Cruz Vermella.

Trátase dunha ruta apta para nenos a partir dos 6 anos e adultos de calqueira idade. Saírase dende o local social do Club do Mar as 10.00 AM e realizarase a recollida de dorsais antes polo que é necesario chegar con antelación. A hora programada de chegada é as 12.30 AM.

O prezo da inscrición é de 6€ incluíndo o seguro:

Á chegada das bicis realizaranse máis actividades como un mercadillo solidario, actividades e música para os pequenos e recollida de libros solidaria.

II Trail Mugardos – Montefaro

O Club do Mar – Pulpeiros BTT organiza o vindeiro 19 de outubro a ” II CARREIRA DE MONTAÑA MUGARDOS MONTEFARO”.

Esta actividade consta dunha carreira de montaña e realizase coa inestimable axuda de Trinity (Narón) que patrocina e colabora coa realización do evento e os concellos de Ares e Mugardos. Este ano como novidade engádese o trail a realización dunha andaina de montaña de 12 km.

O trail e maila a andaina discorrerán por unha zona tan espectacular e fermosa como é a ría de Ferrol, repleta de corredoiras con incribles vistas ó mar.

O trail partirá dende o Monasterio de Santa Catalina de Montefaro en Ares as 10.00 AM, realizándose a recollida de dorsais hasta unha hora antes. A distancia do percorrido é de 22 KM, contando cun desnivel acumulado positivo de subida de 1100 metros, o número de participantes está limitado a 250. Tamén entregaranse dorsais de forma previa o día 18 de outubro. A proba será arbitrada pola Federación Galega de Atletismo.

Como chegar dende a saída da AP-9F
Ver mapa más grande

O custe da inscrición será de 18€ por participante. A proba contará con servizo gratuíto de consigna, onde poder deixar mochilas ou prendas, duchas, 2 avituallamentos líquidos e un sólido, pinchada ó rematar a carreira e agasallo para os participantes.


Duchas alternativas no pabillón municipal de Ares

A inscrición rematará o día 17 de outubro, tamén se cerrará a inscrición ó alcanzar os 250 participantes.

A participación na carreira inclúe: agasallo, duchas, pinchada ó rematar a carreira, servizo de consigna e avituallamento.

Regulamento da proba.

Resultado do concurso urxente de xestión do ambigú

Según a resolución da directiva do Club do Mar de Mugardos, acadadá en reunión o 27 de agosto de 2014, resólvese o concurso de adxudicación da xestión do ambigú según o seguinte resultado:

Memoría. Xestión
Formación. e Experiencia.
Entrevista Persoal
Oferta Económica
Limpeza ximnasio
Puntuación
Total
Héctor S. V.
25
25
30
2
20
102
José A. N.
45
30
30
9,68
20
134,68
Belén R.G.
40
50
35
12
20
157
Esteban A. M.
35
30
40
12,1
20
137,1

Concurso urxente de adxudicación do ambigú da sociedade

Convócase de forma urxente o concurso para a xestión do ambigú da sociedade, na que poderán participar todas as persoas ou sociedades que cumpran o establecido no prego de cláusulas publicada na web da entidade.

O período de presentación de ofertas é do 20 de agosto ata o 26 de agosto de 2014, sendo presentadas as ofertas na oficina do Club do Mar no horario de atención ó público.

Os solicitantes deberán cumprir as seguintes condicións:

  • Ser socios do Club do Mar no momento de presentar a proposta.
  • Ter cumpridos os 18 anos.

Os criterios para valorar as propostas serán:

  • Memoria da xestión.
  • Formación e/ou experiencia no sector da hostalaría.
  • Entrevista persoal.
  • Oferta económica.
  • Posibilidade de facerse cargo da limpeza da sala de fitness e vestiarios.

Prego de condicións (PDF)

V Festa e Carnaval de Verán

O próximo sábado 16 de agosto realizarase ó longo de todo o día diversas actividades no peirao de Mugardos para celebrar a V Festa de Verán do club e o Carnavl de Verán 2014, con troula e actividades para toda a familia:

  • 10.00 horas “Ruta de solidaria de Verán Cruz Vermella”: Ruta de iniciación á BTT para nenos e familias, cun recorrido entorno ós 19 Km. A edade mínima é de 6 años e asimesmo é imprescindible un bo manexo da bicicleta ó discurrir a ruta por terreo non asfaltado. A ruta saldrá diante do local social do club, o finalizar se procederá a un sorteo entre os participantes.
    Precio da inscripción para os socios do Club do Mar de Mugardos 2€, máis unha donación mínima de 1€ para a Cruz Vermella. Os non socios 5€ máis unha donación mínima de 1€. O día da ruta realizaráse unha recolliida de alimentos para a Cruz Vermella.
    Para inscribirse pode empregar o seguinte formulario de inscrición ou facelo na cantina do Club do Mar de Mugardos.
  • 11.00 horas “Portomagno sae á rúa”: mercadillo de oportunidades dos comerciantes de Portomagno durante todo o día.
  • 12.00 horas concentración BTT (gratuita): no aparcadoiro do Parque da Constitución onde recolleremos ós menores de 6 anos que queirán dar unha volta en bici polo peirao para rematar todos a rota diante do Club do Mar.
  • Apartir das 13.00 horas “Festa gastronómica”: diante do club, e durante todo o día ata esgotar existencias, navallas e cigalas á prancha, churrasco, chourizos, pan e viño. Amenizado por grupo de música. Prezos: Ración de cigalas/navallas: 10€. Churrasco e chourizo: 8€. (Incluíndo pan e viño).
  • 18.00 horas “Regatas de bateis”: categorías: alevíns, infantís, cadetes e veteráns. Animade aos pulpeiros.
  • 20.00 horas “Cé orquestra pantasma”: actuación musical e animación.
  • 21.00 horas “Sorteo sempre en Mugardos”: 10 premios de 100€ para gastar nos establecementos de Portomagno.
  • 22.00 horas “Carnaval de Verán”: amenizado por D.J. Suso. Agasallos ós mellores disfraces.
  • 23.00 horas “Gran queimada e sorteo dun televisor de última xeración”: segue a música e a troula diante do club ata a madrugada.

Presentación da “IV Bandeira Reganosa”

Onte, xoves 17 de xullo, presentouse no salón de plenos do concello de Mugardos a “IV Bandeira de Traíñas Reganosa” patrocinada por Reganosa e organizada polo Club do Mar de Mugardos e a Liga Galega de Traiñeiras.


Cartel deseñado por Cesar Pena

O acto de presentación foi presidido por D. Carlos Vales (Director de Operacións de Reganosa), D. Xosé Barcia (Alcalde de Mugardos), Dª. Pilar Díaz (Responsable de Deportes) e D. Guillermo Pereira Coto (Presidente do Club do Mar de Mugardos).

Na regata, que se disputará o próximo domingo 27 de xullo as 12.00 horas, competirán os oito equipos que conforman a Liga A da LGT: Amegrove, A Cabana, Chapela, Puebla, Vilaxoán, C.M. Mugardos, S.D. Samertolomeu e Ares. A regata percorrera unha distancia de 5556 metros divididos en 4 longos, dende o peirao de Mugardos ata o peirao carboeiro de Ferrol aproximadamente.

Normativa da regata PDF

“A Bandeira Reganosa poráse en xogo o 27 de xullo” La Voz de Galicia [18/07/2014]
“Máis dun centenar de deportistas na IV Bandeira Reganosa” El Coreo Gallego [18/07/2014]

Competición LGTA (xornadas 2ª e 3ª)

Neste pasado fin de semana (5 e 6 de xullo) deu comezo a competición regular da LGTA na que xa se deu paso a competición en liña. O sábado disputouse a III Bandeira Nauta en Sanxenxo, compartindo escenario coa regata da Liga San Miguel, e o domingo a XXXI Bandeira Concello do Grove.

A regata do sábado estivo marcada por un mar moi movido con ondas rotas e provintes de varias direccións, o que fixo moi incomoda a remada das embarcacións. Estas condicións afectaron negativamente os tempos das rúas exteriores, sobre todo as horas máis próximas a baixamar que foi as 16.10. Na 1ª quenda Ares facía unha gran regata, adaptándose moi ben o estado do mar, e entrando a 21 segundos da traíña de Chapela. A traíña da Cabana entraba no último posto con grandes dificultades para manter o rumbo da embarcación.

Na 2ª quenda Samertolomeu pola rúa 1 mostrábase intratable e facíase coa vitoria, seguida de Vilaxoán e Amegrove. Entraba moito máis atrasada a traíña de Mugardos, pola rúa de fora, a máis dun minuto de Samertolomeu. A clasificación final quedaría 1º Samertolomeu, 2º Vilaxoán, 3º Amegrove, 4º Ares, 5º Chapela, 6º Mugardos, 7º Puebla e 8º A Cabana.

O domingo remouse a XXXI Bandeira Concello do Grove no porto deportivo de Pedras Negras. A condición do mar resultaba mellor ca do día anterior aínda que con refachos de vento de entorno 25 Km/H, un pouco máis intenso durante a 2º quenda.

A bandeira comezou coa disputa da regata da Liga Feminina, na que tras un problemático inicio no que Cabo da Cruz e Tirán non se decataban da baixada de bandeira e saían cun pequeno atraso. A orde de chegada separadas por cerca dun minuto cada traíña sería Samertolomeu, Cabo da Cruz e Tirán.

Na disputa da regata masculina na 2ª quenda Mugardos facíase con claridade co primeiro posto marcando un gran tempo, que lle permitiría disputar postos coas traíñas da 1ª quenda. A 25 segundos entraba Puebla, seguido de A Cabana e Chapela.

Na 1ª quenda Amegrove reinvidicabase na bandeira da casa e tras un primeiro longo en segunda posición facíase coa vitoria por diante de Samertolomeu. Por detrás entraban Vilaxoán e Ares cun tempo superior o marcado por Mugardos na anterior quenda. A clasificación xeral quedaba 1º Amegrove, 2º Meira, 3º Mugardos, 4º Vilaxoán, 5º Ares, 6º Puebla, 7º A Cabana e 8º Chapela.

Vendo os resultados das primeiras tres xornadas da LGTA, parece que estanse a formar 3 batallas: Samertolomeu e Amegrove na loita polo 1º posto; Mugardos, Vilaxoán e Ares na loita pola 3ª praza e Puebla, a Cabana e Chapela na loita por sair do posto de descenso directo.

Galería Fotográfica da III Bandeira Nauta en Sanxenxo [35 fotos]
Tempos da III Bandeira Nauta en Sanxenxo: LGT-A e Liga San Miguel
Galería Fotográfica da XXXI Bandeira Concello do Grove [49 fotos]
Tempos da XXXI Bandeira Concello do Grove: LGT-A e LGT Feminina


Retrasmisión da TVG da Bandeira de Sanxenxo

Traíñas en xogo do 06/07/2014

Presentación LGT 2014

Deu comezo este pasado sábado 28 de xuño a nova edición da LGT coa presentación da liga en Vila de Cangas, mediante unha regata en modalidade contrarreloxo. A regata acudiron os equipos da Liga A, Liga B e da Liga Feminina, a cal comeza este ano a sua andanza. Este ano a liga componse dos seguintes equipos:

Liga A

 

  • C.R. Amegrove
  • C.R. A Cabana
  • C.R. Chapela
  • C.R. Puebla
  • C.R. Vilaxoán
  • C.M. Mugardos
  • S.D. Samertolomeu
  • C.R. Ares

Liga B

 

  • Vila de Cangas
  • C.R. Rianxo
  • C.M. Bueu
  • Nautico de Boiro – Cabo B
  • A.D. Esteirana
  • C.C.D Cesantes
  • C.R. Mecos – Mondariz
  • C.R. Salgado – Perillo
  • C.R. Coruxo

Liga Feminina

 

  • S.D. Samertolomeu
  • Cabo de Cruz
  • S.D. Tirán

O comezo da temporada pechouse cun gran resultado da traíña do Club do Mar que acadou o 3º posto na Liga A, por detrás de Samertolomeu e Amegrove. A traíña de Samertolomeu saía en primeiro lugar da tanda sen referencias e mantiña un gran ritmo durante todo a regata alzándose co triunfo a 20 segundos do equipo de Mugardos e tan só a 3 de Amegrove, que pese a contar coas referencias do seus rivais, ó saír na derradeira posición, non foi capaz de alcanzar o tempo marcado por Samertolomeu.

Na tanda da Liga B facíase co primeiro posto Mecos seguido a 5 segundos de Bueu e a 10 segundos de Perillo. Os catro primeiros clasificados da Liga B mostraron un gran nivel ó superar en tempos o 5º clasificado da Liga A, Ares.

Na Liga Feminina repetía no 1º posto Samertolomeu, a 9 segundos de Cabo e a casi 2 minutos da traíña de Tirán.

Ó rematar a regata celebrouse un acto no que participaron entre outros o Xefe do Servicio de Deportes de Pontevedra Daniel Benavides, o Alcalde de Cangas José Enrique Sotelo. o Presidente da LGT Andrés Fernández e varios deportistas das tripulacións participantes na LGT.


Tempos da regata: Liga A, Liga B e Liga Feminina
Diario de Ferrol [29-06-2014] “Bronce mugardés en la regata inaugural de Primera División”

 

EDR 2014

Xa esta aquí a oitava edición da “Entre Dúas Rías”. Unha ruta de 54 Km que discorre entre os concellos de Mugardos e Ares cunha vistas espaectaculares nun entorno formidable. O día 29 de xuño a ruta partirá dende o Pavillón municipal de Ares ás 09:00 A.M. dende donde iniciaremos un percorrido de 54 km, por carreiros que seguro gustaranvos.

Na inscrición deste ano chegaremos ós 350 participantes como máximo.

A inscrición ten un custe de:

  • Non federados 21€ (9€ inscripción + 12€ de licencia por un día).
  • Federados 9€ (9€ inscrición).
  • O prezo da comida é de 9€ por persoa.

Formulario de alta (pago online).
Formulario para comprobar a inscrición

Como chegar o pavillón municipal de Ares dende a saída da AP-9F

Ver EDR 2014, AP9 a Pabellón Ares en un mapa más grande