Bandeiras de Vilagarcía e Ferrol e 24 Horas de Somozas

Fin de semana movido no que se intensificou a pelexa pola sexta posición da “Liga A” entre A Cabana e Mugardos e no que se acadaba o ecuador da competición:

Bandeiras de Ares e Redondela e Ruta da Auga

Novo fin de semana de competición, con cambios no taboleiro da Liga A, pasando a traíña do Club do Mar o sexto posto:

 

I Bandeira As Mariñas, 12 Horas de Cariño e Camp. de España de Remo Olímpico

Neste intenso verano, no que a competición se refire, temos outro fin de semana con bos resultados para o club do Mar:

Galería Fotográfica do Camp. de España en Sevilla

Camp. Galego Remo Olímpico, EDR 2012 e I Bandeira Sanxenxo

Outro fin de semana intenso para o Club do Mar na que se acumularon as competicións e a organización da EDR 2012:

    • Campionato Galego de Remo Olímpico Alevín, Infantil e Cadete 2012 na competición participaban 4 das xoves promesas do club acadando un gran resultado, quedando todos eles entre os 6 primeiros postos:
      • Skiff alevín [1x]: Jesús subcampión galego.
      • Skiff infantil [1x]: Marica 4º posto.
      • Skiff cadete [1x]: Mónica 4º posto e Leticia 6º posto.

Foto da regata preparatoria en Castrelo de Miño [13/05/2012]

“Éxito de los skiffs de Mugardos” La Voz de Galicia [05/07/2012]

    • EDR 2012, levouse a cabo a ruta “Entre Dúas Rías 2012” na que participaron o redor duns 300 ciclistas que recorreron os carreiros e pistas de Ares e Mugardos para acabar cunha churrascada no pavillón de Ares a exitosa ruta.

       
      Máis fotos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16

Vídeo de LANDEIRAXTR

 

 

I Bandeira de Sanxenxo, nesta primeira regata da LGT-A a traíña do club comezou con mal pe o ser descualificada por deixar a derradeira boia por estribor para resarcirse na segunda xornada acabando segunda na súa tanda e conseguindo o 6º posto.

“Traíñas en xogo” co resumen das regatas do fin de semana.

“Los locales no estuvieron finos en el debut de la competición en Sanxenxo” Diario de Ferrol [01/07/2012]

“Mugardos logra resarcirse de su mal inicio y termina sexto en Sanxenxo” Diario de Ferrol [02/07/2012]

Presentación da LGT 2012

Este sábado, 8 de Xuño, celebrouse en Sanxenxo a presentación da LGT para este ano 2012. O acto organizado polo Club de Remo Amegrove e o Concello de Sanxenxo realizouse na Praza do Mar da vila aínda que este veuse moi deslucido pola continua choiva que caeu durante toda a tarde de forma case ininterrompida.

Moitas das traíñas que tiñan planificado entrear en Sanxenxo cambiaron de idea ante o complicado estado do mar e so unhas poucas se atreveron a mollar as embarcacións.
O acto comezou as 20.00 horas coa actuación da escola de baile Cantodorxo o que seguiu o monologuista “Manolo o do Atleti” para dar paso a presentación da liga. O acto foi presentado por Terio Carrera e nel participaron a alcaldesa de Sanxenxo Catalina González, o Presidente da LGT Diego Portela e o Secretario Xeral para o Deporte José Ramón Lete Lasa entre outros.

A principal novidade da liga de este ano e a división da competición en dúas ligas, na que o Club do Mar de Mugardos despois de clasificarse na regata clasificatoria do pasado 6 de Abril remará na liga A.

 

La Voz de Galicia “La Liga alza el telón en Sanxenxo” [09/06/2012]

 

Acto de entrega do “1º premio Estudo e Deporte”

O 21 de xuño as 18.00 horas realizarase no IES Mugardos o acto de entrega do 1º premio “Estudo e Deporte”, galardón co que se pretende premiar os alumnos con mellor desenvolvento tanto académico como deportivo e social.

Na primeira parte do acto homenaxarase ás directivas dos clubes deportivos mugardeses, intervindo representantes do Club do Mar de Mugardos e do SDC Galicia de Mugardos.

Na segunda parte do acto farase entrega dos premios “Estudo e Deporte” ós alumnos do IES de Mugardos galardonados.

Máis información: I Premio Estudo e Deporte

Resultados “Clasificatoria Campeonato Galego Traineriñas” 2012

Este pasado sábado, día 26 de Maio, celebrouse en Moaña a clasificatoria para o Galego de Traineriñas no que participou a tripulación absoluta masculina de Mugardos.

Á chegada ó campo de regatas moitos equipos víronse sorprendidos polas dificultosas condicións do campo de regatas cun mar moi movido e vento intenso procedente da entrada da ría de Pontevedra, polo que comezaron as presas por preparar os bota-augas e palcas das embarcacións así como outras solucións máis os estilo MacGyver.
Co comezo das regatas puido comprobarse que estas preparacións de última hora non foron en balde pois comezaron os saltos nas traineriñas e os longos en contra do vento e mar facíanse eternos en comparación cos de volta.

Na categoría Absoluta Feminina conseguiron o seu pase para a final as tripulacións de S.D. Samertolomeu, C.M. Bueu, C.R. Cabo da Cruz, S.D. Tirán e C.R. Ares.

A categoría Xuvenil Masculina foi a máis accidentada das tres categoría en competición e na que a traineriña do C.R Cesantes abandonaba a competición despois de perder un dos seus remeiros na segunda virada.

En Xuvenil pasaron a final A.D. Esteirana, Amegrove C.R., C.R. Rianxo, C.R. Rianxo, C.R. Cabo da Cruz, e C.R. Ares.

Na categoría Absoluta Masculina participaba Mugardos cunha embarcación prestada por Amegrove. Os remeiros do Club do Mar non conseguiron encontrar a súa remada en toda a regata e acabaron en última posición da súa tanda quedando fora da final.

 
 
Na categoría Absoluta Masculina clasificabanse C.R. Cabo da Cruz, C.R. Moaña, S.D. Tirán, C.R. Chapela e C.R. Vilaxoán.
 

todoremo.com “Tempos e Clasificacións”

El diario de Ferrol “Las dos trainerillas de Ares lograron en Tirán el pase a las finales del Campeonato Gallego” [27/05/2012]

Acto de presentación da nova traíña do Club do Mar

O Club do Mar de Mugardos presentará publicamente a nova traíña da sociedade, de nome Bestarruza, nun acto que terá lugar este venres (25 de Maio) as 18.00 horas diante do local social do club e o que están convidados tódolos socios e seareiros do club.

O programa do acto será o seguinte:

  • Recepción de autoridades e convidados entre os que se atoparán persoeiros de institucións públicas e privadas relacionadas co deporte e o mundo empresarial, tanto a nivel autonómico como local e comarcal. 
  • Presentación do acto ó longo do cal intervirán algúns dos persoeiros así como o Presidente da sociedade, e no que se presentará a recén adquirida traíña, patrocinada pola empresa Reganosa, que será bautizada en presenza da madriña da embarcación, a socia María Fariña Vázquez.
  • Entrega dun recordo ás empresas colaboradoras co Club do Mar na pasada tempada, así como unha distinción especial á empresa  Reganosa polo patrocinio da traíña na pasada edición da Liga Galega de Traíñas, coa entrega ós seus Directivos dunha réplica da bandeira da “ I Bandeira de Traíñas Reganosa”, bordada a man por unha artesá mugardesa.
  • Rematando o acto, e tras unha sesión fotográfica en lembranza do acontecemento, servirase un ágape diante do club e porase fin ó acto.
 

[Actualización 25/05/2012]

 

 

 

Todoremo.com “Mugardos se viste de largo” [25/05/2012]
Diario de Ferrol “El Club del Mar de Mugardos confía en su ‘Bestarruza'” [26/05/2012]

 

Fin de semana intenso de competición

Este vindeiro fin de semana (19 e 20 de Maio) será intenso para os integrantes do Club do Mar de Mugardos que disputarán probas en tódalas disciplinas deportivas nas que compite a entidade.

En remo olímpico o Club do Mar competirá na “XX Copa Primavera”, realizada no embalse de Trasona, contra outros 36 clubs de remo de toda España. No evento participarán Jesús Rodríguez Barcia en skiff na categoría alevín masculino e Marica López Otero tamén en skiff na categoría infantil feminino.

En remo de banco fixo a tripulación senior do Club do Mar disputará en Rianxo o sábado e o domingo o “Campeonato Territorial Norte de Traineriñas”.

Na sección de ciclismo nada menos que 14 integrantes participarán na durísima ruta de “Los 10000 del Soplao” na que compiten máis de 8000 deportistas. Na modalidade de BTT recórrense uns durísimos 315 km nun terreo moi escarpado.

Foto da regata en Castrelo de Miño [13/05/2012]

Actualización [22/05/2012]

Ruta BTT EDR 2012

O próximo 1 de Xullo realizarase a ruta Entre Dúas Rías de este ano, na que o “O club do Mar – Pulpeiros BTT” repite na organización. Esta é a sexta edición da popular ruta que percorre os municipios de Ares e Mugardos, a cal xa se consagrou como un dos principais eventos deportivos da zona.
A EDR encóntrase incluída no calendario de BTT da Federación Galega de Ciclismo con tódolas vantaxes que isto supón para os participantes. A ruta percorrerá uns 50 Km entre os dous municipios recorrendo paraxes únicos de as rías de Ferrol e a de Ares.
Ó final da ruta realizarase unha comida con tódolos participantes e o sorteo de premios por parte dos patrocinadores do evento.
A inscrición, limitada a 300 participantes, poderá levarse a cabo neste formulario.
O prezo da inscrición será de 15 € para os ciclistas federados e 27 € para os non federados incluíndo seguro e comida.

Track da EDR 2012 [descargar]


Os participantes poden comprobar o estado da súa inscrición aquí.

Como chegar o Pavillón Deportivo de Ares (punto saída da ruta) desde a saída da AP-9.