Aviso actualización cotas

Segundo o acordo acadado na Xunta Xeral Ordinaria de Socio do pasado 4 de febreiro a partir do próximo trimestre comezará a cobrarse as cotas actualizadas de socios que pasan a ser de 4€ mensuais.

A si mesmo comezará a cobrarse unha cota ós socios que desexen empregar a sala de fitness do club. Esta nova cota será de 10€ mensuais e deberá ser domiciliada bancariamente mediante o seguinte formulario de adeudo SEPA.

Os socios que estaban a empregar a sala de fitness, dispoñen do presente mes de marzo para cubrir o novo formulario indicando o seu número de chave (o número gravado fisicamente na chave de acceso). Ó comezar o mes de abril deshabilitaranse todas as chaves que non estén asociadas ó correspondente adeudo bancario.

Recorda podes seguir as novas do club na nosa canle de WhatsApp

Resumo novas cotas:

  • Cota mensual socio 4€
  • Cota mensual sala fitness 10€
  • Período de actualización de datos acceso sala fitness ata 01/04/2024

O deputado de Deportes, Antonio Leira, visitou o Club do Mar de Mugardos

Noticia na web da Deputación Da Coruña do 01/03/2024

O deputado responsable da área de Deportes, Antonio Leira, xunto co alcalde de Mugardos, Juan Domingo de Deus, e membros da corporación municipal, visitou o Club do Mar de Mugardos, onde se interesou polo funcionamento da entidade e as súas necesidades de cara a ao futuro.

https://www.dacoruna.gal/novas/ficha-noticia-reducida?id_evento=23355

Continue reading “O deputado de Deportes, Antonio Leira, visitou o Club do Mar de Mugardos”

CONVOCATORIA DE XUNTA XERAL ORDINARIA E EXTRAORDINARIA 04/02/2024

Club do Mar de Mugardos
R/Cantón de Cora Nº16
15620 Mugardos (A Coruña)
TLF. E FAX: 981 470170
 

CONVOCATORIA DE XUNTA XERAL ORDINARIA DE SOCIOS/AS

De conformidade co acordo da Xunta Directiva celebrada o pasado 12 de xaneiro de 2024, convócase Xunta Xeral Ordinaria de Socios/as do CLUB DO MAR DE MUGARDOS, para a súa celebración en Mugardos, no local social do Club do Mar, situado na Rúa Cantón de Cora, Núm. 16, O VINDEIRO 4 DE FEBREIRO DE 2024 ás 11.00 horas, en primeira convocatoria; e ás 11.30 horas en segunda convocatoria, co gallo de deliberar e, no seu caso, adoptar acordos sobre os asuntos incluídos na seguinte: 

ORDE DO DÍA

  1. Lectura e aprobación da acta anterior, se procede.
  2. Informe económico do ano 2023.
  3. Informe deportivo e de actividades do ano 2023.
  4. Situación actual do club e proxectos para a tempada 2024.
  5. Proposta da directiva para a modificación da cota dos socios/as.
  6. Rogos e preguntas.

CONVOCATORIA DE XUNTA XERAL EXTRAORDINARIA DE SOCIOS/AS

A directiva do Club do Mar de Mugardos convoca Xunta Xeral Extraordinaria de Socios/as do CLUB DO MAR DE MUGARDOS, para a súa celebración en Mugardos, na Cantina do Club do Mar, situado na Rúa Cantón de Cora, Núm. 16, o vindeiro 4 de febreiro de 2024 ó remate da Xunta Ordinaria previa, co gallo de tratar a seguinte orde do día:

1. Solicitude dun préstamo a entidade “ABANCA” para a adquisición de material deportivo obxecto dunha subvención da Deputación da Coruña.
2. Facultar a Don Eliseo Reborido Mato, na súa condición de presidente, para a firma do citado préstamo.

Mugardos, a 12 de xaneiro de 2024.

O PRESIDENTE

Eliseo Reborido Mato

Data e horario de cobro da Lotería de Nadal

Actualización de datas e horario de cobro da lotería de nadal.

O premio poderase cobrar no local social do Club do Mar de Mugardos do martes 2 ó venres 5 de xaneiro de 2024 en horario de 17:00 a 19:00 horas.

Para datas posteriores as participacións poderanse cobrar os venres en horario de tarde, de 17:00 a 19:00 horas..