R/Cantón de Cora Nº16
15620 Mugardos (A Coruña)
TLF. E FAX: 981 470170
CONVOCATORIA DE XUNTA XERAL ORDINARIA DE SOCIOS/AS
De conformidade co acordo da Xunta Directiva celebrada o pasado 12 de xaneiro de 2024, convócase Xunta Xeral Ordinaria de Socios/as do CLUB DO MAR DE MUGARDOS, para a súa celebración en Mugardos, no local social do Club do Mar, situado na Rúa Cantón de Cora, Núm. 16, O VINDEIRO 4 DE FEBREIRO DE 2024 ás 11.00 horas, en primeira convocatoria; e ás 11.30 horas en segunda convocatoria, co gallo de deliberar e, no seu caso, adoptar acordos sobre os asuntos incluídos na seguinte:
ORDE DO DÍA
- Lectura e aprobación da acta anterior, se procede.
- Informe económico do ano 2023.
- Informe deportivo e de actividades do ano 2023.
- Situación actual do club e proxectos para a tempada 2024.
- Proposta da directiva para a modificación da cota dos socios/as.
- Rogos e preguntas.
CONVOCATORIA DE XUNTA XERAL EXTRAORDINARIA DE SOCIOS/AS
A directiva do Club do Mar de Mugardos convoca Xunta Xeral Extraordinaria de Socios/as do CLUB DO MAR DE MUGARDOS, para a súa celebración en Mugardos, na Cantina do Club do Mar, situado na Rúa Cantón de Cora, Núm. 16, o vindeiro 4 de febreiro de 2024 ó remate da Xunta Ordinaria previa, co gallo de tratar a seguinte orde do día:
1. Solicitude dun préstamo a entidade “ABANCA” para a adquisición de material deportivo obxecto dunha subvención da Deputación da Coruña.
2. Facultar a Don Eliseo Reborido Mato, na súa condición de presidente, para a firma do citado préstamo.
Mugardos, a 12 de xaneiro de 2024.
O PRESIDENTE
Eliseo Reborido Mato