IX Festa do Marisco 06/08/2022
Proclamación de candidatura electa
Co remate do período de impugnacións, sen que se presentase ningunha, proclámase a candidatura de D. Eliseo Reborido Mato como electa, pasando a ser o novo presidente do Club do Mar de Mugardos.
Eliseo comezou a súa relación co club como remeiro canteirán da entidade no anos 90 para retornar ó Club do Mar de Mugardos como directivo dende o 2010 ata ó 2018 e compaxinando as súas tarefas na directiva como remeiro da traíña do club do ano 2010 ata ó 2015.
Candidaturas presentadas as eleccións 2022
Comeza o período de exposición pública de candidaturas presentadas ás elección do Club do Mar de Mugardos, sendo a única candidatura presentada a de:
- D. Eliseo Reborido Mato.
Ó finalizar o período de exposición pública, o 30 de maio, abrirase o período de impugnacións que acabará o 1 de xuño.
O día 2 de xuño resolveranse as reclamacións presentadas e no caso de non existir ningún impedimento proclamarase a única candidatura presentada como electa.
Calendario electoral eleccións 2022
Calendario electoral para as elección á presidencia do Club do Mar de Mugardos aprobado na asemblea extraordinaria do 01/04/2022:
- 1 maio convocatoria de eleccións e selección da xunta electoral:
- Presidente, secretario e 3 vogais elixidos entre os socios asistentes a asemblea.
- 2 ó 16 de maio exposición pública do censo electoral.
- O censo farase público na oficina situada no segundo piso do local social do club.
- Os interesados en consultar o censo poden concertar cita no correo electrónico
- Presentación de reclamacións ó censo 17,18 e 19 de maio.
- Publicación do censo definitivo 20 maio.
- O censo farase público na oficina situada no segundo piso do local social do club.
- Os interesados en consultar o censo poden concertar cita no correo electrónico
- Período de presentación de candidaturas 21,22 e 23 de maio.
- Exposición pública de candidaturas 24 ó 30 de maio.
- Período de impugnación e reclamación as candidaturas presentada do 31 de maio ó 1 xuño.
- 2 de xuño, resolución as reclamacións presentadas.
- 12 de xuño: eleccións.
- 16 de xuño proclamación pública da candidatura electa.