Traíña conxunta feminina C.M. de Mugardos – C.R. A Cabana Ferrol

Este ano o Club do Mar de Mugardos competirá de forma conxunta xunto o C.R. A Cabana Ferrol na liga feminina de traíñas.

Esta unión permitirá ós dous clubs fortalecer as súas bancadas de cara a entrante tempada, así como beneficiarse da experiencia e recursos de ámbolos dous clubs.

A participación conxunta restrinxese a competición na LGT, no resto de competicións do calendario (batel, traineriña e banco móbil) as dúas tripulacións enfrontaranse en cadansúa embarcación.

La Voz de Galicia – “Mugardos y A Cabana se unen en una nueva trainera femenina”
Liga Galega de Traiñéiras – “30 PRE-INSCRITOS PARA A TEMPADA 2022”