Traíñas conxuntas C.M. de Mugardos – C.R. A Cabana Ferrol

Despois do bos resultados acadados o pasado ano coa traíña conxunta entre o C.R. A Cabana Ferrol e o Club do Mar de Mugardos a próxima tempada repetirase esta colaboración tano na liga feminina de traíñas como na masculina.

Hoxe fíxose efectiva a unión co primeiro adestramento conxunto da traíña masculina namentres que as rapazas disputaron a primeira regata da tempada participando no “VII Memorial Pepe o Ruso” celebrada en Bueu, acadando o 3º posto na categoría feminina tras CR Cabo da Cruz e o CR Rianxo.

A participación conxunta restrinxese a competición na LGT, no resto de competicións do calendario (batel, traineriña e banco móbil) as dúas tripulacións enfrontaranse en cadansúa embarcación.

Vídeo da proba realizado por “Tercos Meira

Contrarreloxo de Meira 03/04/2022

Está pasado domingo a traíña masculina do Club do Mar de Mugardos e a traíña feminina do Club do Mar de Mugardos – A Cabana participaron no descenso organizado pola S.D Samertolameu de Meira acadando as rapazas o mellor tempo entre as mulleres cun tempo de 25’02”74”’ e os homes o 13º posto con 22’22”63”’.

Vídeo da proba realizado por “Tercos Meira”
Continuar lendo “Contrarreloxo de Meira 03/04/2022”

Traíña conxunta feminina C.M. de Mugardos – C.R. A Cabana Ferrol

Este ano o Club do Mar de Mugardos competirá de forma conxunta xunto o C.R. A Cabana Ferrol na liga feminina de traíñas.

Esta unión permitirá ós dous clubs fortalecer as súas bancadas de cara a entrante tempada, así como beneficiarse da experiencia e recursos de ámbolos dous clubs.

A participación conxunta restrinxese a competición na LGT, no resto de competicións do calendario (batel, traineriña e banco móbil) as dúas tripulacións enfrontaranse en cadansúa embarcación.

La Voz de Galicia – “Mugardos y A Cabana se unen en una nueva trainera femenina”
Liga Galega de Traiñéiras – “30 PRE-INSCRITOS PARA A TEMPADA 2022”