II Contrarreloxo Club do Mar – Pulpeiros BTT

O día 6 de Abril realizarase a “II Contrarreloxo Club do Mar – Pulpeiros BTT” organizada pola nosa sección de ciclismo os Pulpeiros BTT.
A contrarreloxo realizarase en Mugardos, nun percorrido circular de 21 Km ó que será necesario dar unha soa volta cun trazado moi esixente.
A saída e a chegada será diante do local social do Club do Mar de Mugardos, situado no Cantón de Cora no peirao de Mugardos.
As 15.00 comezará a recollida de dorsais para proceder as saídas a partir das 16.00 por orden de dorsal.
A inscripción esta limitada a 125 participantes.
Ó rematar farase unha cea para os corredores que se queiran apuntar, limitarase a cea 50 persoas por razóns de espacio.
O custe por participación é o seguinte:
-Federados: 6 €.
-Non federados: 6 + 12€ (custe da licencia por un día).
-Cena: 10€ por persoa (podense traer acompañantes).

A inscrición farase no seguinte formulario web ata o día 1 de Abril, podéndose comprobar a situación dos inscritos nesta páxina.

Como chegar dende a saída da AP-9

Visualizar o mapa ampliado

Evento da proba en Facebook

Deixa unha resposta