Regata de bateis de Mugardos

O próximo sábado 26 de febreiro realizarase no peirao de Mugardos unha regata de bateis pertencente a “Liga Territorial Norte de Bateis”. A regata organizada polo Club do Mar de Mugardos comezará as 16.00 horas, ubicándose o campo de regatas na dársena do porto de Mugardos.


Ver Dársena de Mugardos nun mapa máis grande

O campo de regatas estará formado por cinco rúas para favorecer o desenrolo das quendas. Na regata competirase nas seguintes categorías:

  • Promesas (Féminas)
  • Abosolutas (Féminas)
  • Infantil (Masculino)
  • Cadete (Masculino)
  • Xuvenil (Masculino)
  • Senior (Masculino)



Deixa unha resposta