Comezo da Escola de Remo Tempada 2021/22

Este próximo mércores 22 de setembro, ás 16:30 horas, comezará a escola de remo do Club do Mar de Mugardos para a tempada 2021/22.

Os participantes deberán cubrir o formulario de alta na Escola de Remo e o formulario de solicitude de ficha da Federación Galega de Remo:.

Conta Bancaria para o pago das cotas: ES19 0049 3315 7321 9401 5038

O importe é de 20€ non socios / 15€ socios (indicar nome do alumno e periodo da cota no asunto do ingreso)

Horario ximnasio

Ante o fin do estado de alarma reanúdase o acceso dos socios ó ximnasio da entidade en horario habitual de 6:30 a 21:30 horas. Recórdase que sigue en vigor o protocolo anti COVID (incluíndo aforos) tendo preferencia no uso das instalacións os deportistas federados da entidade.

O Club do Mar firma un convenio para conseguir a vacina da COVID


Aclaración 29/12/2020: Esta artigo foi a inocentada de este ano. 
¡Feliz día dos inocentes a todos! 


O Club do Mar de Mugardos acadou a firma dun convenio co centro estatal Gamaleya ruso para o suministro da vacina da COVID19 “Sputnik V” ós seus remeiros/as, de este xeito a entidade asegurase a participación na vindeira tempada da LGT 2021.

Mediante este convenio a entidade mugardesa pasa a formar parte do ensaio clínico da vacina Sputnik V que o prestixioso laboratorio estatal leva a cabo en Europa para a certificación ante a Axencia Europea de Medicamentos.

Este convenio constará de dúas fases:

Na primeira fase os remeiros/as da entidade participaran no ensaio clínico e as embarcación serán rotuladas coa publicidade da vacina, así mesmo reproducirase o himno ruso cando calquera das embarcación do club acade unha bandeira.

Na segunda fase o Club do Mar colaborará co centro Gamaleya para desenrolar unha nova iteración da vacina que non so protexa contra a COVID, senón que permita mellorar o rendemento dos deportistas mediante a inserción de ADN recombinante a través dun vector vírico. Nas novas secuencias de ADN utilizaranse instrucións xenéticas procedentes de animais que posúan adaptación físicas beneficiosas para o desempeño deportivo, como a capacidade de almacenamento de osíxeno muscular por parte dos mamíferos mariños ou a velocidade de reacción muscular das gambas.