27 dic. 2014

Novo sistema de análise de rendemento biométrico


[Actualización 29/12/2014] Esta noticia evidentemente foi unha inocentada.

De cara a vindeira tempada o Club do Mar de Mugardos contará cun novo sistema de análise de rendemento biométrico incorporado nas súas embarcación e bicicletas.

A aparición de novas tecnoloxías nos últimos anos permite a obtención de moitísima e importantísima información para os adestradores, o que lles permite obter mellores resultados e unha mellor preparación de cara a tempada.

Este novo sistema conta con sensores de forza nos toletes ou nas bielas das bicicletas, xiroscopios e sensores GPS para obter a máxima información en cada momento. O software de intelixencia artificial e os sensores son parte dun desenrolo da Universidade de Illinois que mediante unha colaboración coa UDC ofrece estes sistemas as empresas e clubs en Galicia. O software  HAL-9000 (polas súas siglas en inglés Heuristically programmed ALgorithmic) é unha potente ferramenta capaz de analizar esta información en tempo real decidindo en cada momento cal é a mellor estratexia de cara á competición.


Ainda que non se fixo públco o sistema xa foi probado na regata da Concha

O software tamén conta cunha aplicación para móbil que instalase nos teléfonos intelixentes dos deportistas e monitoriza a sua actividade diaria e hábitos de alimentación, podendo desta maneira controlar mellor a preparación individual de cada un. A ferramenta HAL-9000 e capaz de tomar decisións polo ben dos integrantes da tripulación podendo advertir de condutas deportivamente contraproducentes ou hábitos de alimentación nocivos e en caso extremo chegando a descartar remeiros que contraveñan as directivas.

Nunha segunda fase de implantación, posiblemente de cara a tempada 2016, mellorarase o sistema con hardware IBM 7094  e con sensores biométricos con modo de funcionamento dúplex, capaces de recibir información e interactuar cos deportistas mediante descargas eléctricas de alto voltaxe. Incluso sería posible nesta fase prescindir da figura do entreador evitando así os bucles Hofstadter-Moebius sendo capaz o propio software de levar a cabo a preparación da tempada por él mesmo, sen intervención humana.

Para suavizar a resposta dos deportistas ante a posta en marcha do sistema, a interface vocal do mesmo contará coa voz dixitalizada do actual adestrador da traíña José Manuel Peláez "Pendo".

Sorteo cea na Tapería Plaza

O pasado venres 26 de decembro efectuouse o sorteo dunha cea para catro persoas na Tapería Plaza sorteada entre as participación da lotería de nadal do Club do Mar.

O número gañador foi o:
0060 Serie B

Sendo a serie B as participación co fondo azul, mentres que a serie A teñen o fondo vermello.


Serie A

O gañador debe poñerse en contacto co Club para poder disfrutar o seu premio, de non ser así no prazo dunha semana o premio pasaría os reservas, que son os seguintes números (os cales tamén pódense por en contacto co club):

  1. 1044 Serie A.
  2. 0433 Serie A.
  3. 0576 Serie A.
  4. 0561 Serie A.
  5. 0124 Serie B.
  6. 0921 Serie A.
  7. 0087 Serie A.
  8. 0617 Serie A.
  9. 1166 Serie A.

22 oct. 2014

Convenio de colaboración con Serviaqua Galicia


O Club do Mar de Mugardos ven de firmar un convenio de colaboración con Serviaqua Galicia S.L. mediante o cal os socios do Club do Mar de Mugardos beneficiaránse do catálogo de ofertas do "Club Oro" podendo mercar os productos dispoñibles no catálogo da empresa a prezos moi reducidos.

Para beneficiarse destas vantaxes os socios poden consultar o catálogo da empresa e facer as súas compras no teléfono da empresa indicando que son socios do Club do Mar.

Teléfono fixo: 981 912 474
Teléfono móbil: 677 445 178

Para acceder o catálogo hai que acceder a páxina de acceso pinchando aquí e empregando o usuario "socio" e contrasinal "sociooro", podendo así descargar o catálogo.

14 oct. 2014

Clases de iniciación ás labores

Bigunki buho verde lateral
Proximamente comezarán a impartirse no club clases de iniciación ás labores (ganchillo, bordado, ...).
As clases serán de dúas horas semanais e terán un prezo de inscrición de 10€ mensuais.
Os interesados poden inscribirse na cantina da sociedade ou mandar un email a secretaria@clubdomarmugardos.com indicando horario de preferencia, datos persoais e medio de contacto.


22 sept. 2014

Ruta solidaria "Día Internacional do Donante de Médula Ósea"

O vindeiro día 28 de setembro en colaboración con ASOTRAME desenrolarase unha ruta solidaria en bicicleta para sensibilizar e concienciar sobre a donación de médula ósea. Na realización da ruta tamén colaboran o Concello de Mugardos e a Cruz Vermella.

Trátase dunha ruta apta para nenos a partir dos 6 anos e adultos de calqueira idade. Saírase dende o local social do Club do Mar as 10.00 AM e realizarase a recollida de dorsais antes polo que é necesario chegar con antelación. A hora programada de chegada é as 12.30 AM.

O prezo da inscrición é de 6€ incluíndo o seguro:

Á chegada das bicis realizaranse máis actividades como un mercadillo solidario, actividades e música para os pequenos e recollida de libros solidaria.

21 sept. 2014

II Trail Mugardos - Montefaro

O Club do Mar - Pulpeiros BTT organiza o vindeiro 19 de outubro a " II CARREIRA DE MONTAÑA MUGARDOS MONTEFARO".

Esta actividade consta dunha carreira de montaña e realizase coa inestimable axuda de Trinity (Narón) que patrocina e colabora coa realización do evento e os concellos de Ares e Mugardos. Este ano como novidade engádese o trail a realización dunha andaina de montaña de 12 km.

O trail e maila a andaina discorrerán por unha zona tan espectacular e fermosa como é a ría de Ferrol, repleta de corredoiras con incribles vistas ó mar.

O trail partirá dende o Monasterio de Santa Catalina de Montefaro en Ares as 10.00 AM, realizándose a recollida de dorsais hasta unha hora antes. A distancia do percorrido é de 22 KM, contando cun desnivel acumulado positivo de subida de 1100 metros, o número de participantes está limitado a 250. Tamén entregaranse dorsais de forma previa o día 18 de outubro. A proba será arbitrada pola Federación Galega de Atletismo.

Como chegar dende a saída da AP-9F
Ver mapa más grande

O custe da inscrición será de 18€ por participante. A proba contará con servizo gratuíto de consigna, onde poder deixar mochilas ou prendas, duchas, 2 avituallamentos líquidos e un sólido, pinchada ó rematar a carreira e agasallo para os participantes.


Duchas alternativas no pabillón municipal de Ares

A inscrición rematará o día 17 de outubro, tamén se cerrará a inscrición ó alcanzar os 250 participantes.

A participación na carreira inclúe: agasallo, duchas, pinchada ó rematar a carreira, servizo de consigna e avituallamento.

Regulamento da proba.

27 ago. 2014

Resultado do concurso urxente de xestión do ambigú

Según a resolución da directiva do Club do Mar de Mugardos, acadadá en reunión o 27 de agosto de 2014, resólvese o concurso de adxudicación da xestión do ambigú según o seguinte resultado:



Memoría. Xestión
Formación. e Experiencia.
Entrevista Persoal
Oferta Económica
Limpeza ximnasio
Puntuación
Total
Héctor S. V.
25
25
30
2
20
102
José A. N.
45
30
30
9,68
20
134,68
Belén R.G.
40
50
35
12
20
157
Esteban A. M.
35
30
40
12,1
20
137,1


19 ago. 2014

Concurso urxente de adxudicación do ambigú da sociedade

Convócase de forma urxente o concurso para a xestión do ambigú da sociedade, na que poderán participar todas as persoas ou sociedades que cumpran o establecido no prego de cláusulas publicada na web da entidade.

O período de presentación de ofertas é do 20 de agosto ata o 26 de agosto de 2014, sendo presentadas as ofertas na oficina do Club do Mar no horario de atención ó público.

Os solicitantes deberán cumprir as seguintes condicións:
  • Ser socios do Club do Mar no momento de presentar a proposta.
  • Ter cumpridos os 18 anos.
Os criterios para valorar as propostas serán:
  • Memoria da xestión.
  • Formación e/ou experiencia no sector da hostalaría.
  • Entrevista persoal.
  • Oferta económica.
  • Posibilidade de facerse cargo da limpeza da sala de fitness e vestiarios.

Prego de condicións (PDF)

7 ago. 2014

V Festa e Carnaval de Verán

O próximo sábado 16 de agosto realizarase ó longo de todo o día diversas actividades no peirao de Mugardos para celebrar a V Festa de Verán do club e o Carnavl de Verán 2014, con troula e actividades para toda a familia:

  • 10.00 horas "Ruta de solidaria de Verán Cruz Vermella": Ruta de iniciación á BTT para nenos e familias, cun recorrido entorno ós 19 Km. A edade mínima é de 6 años e asimesmo é imprescindible un bo manexo da bicicleta ó discurrir a ruta por terreo non asfaltado. A ruta saldrá diante do local social do club, o finalizar se procederá a un sorteo entre os participantes.
    Precio da inscripción para os socios do Club do Mar de Mugardos 2€, máis unha donación mínima de 1€ para a Cruz Vermella. Os non socios 5€ máis unha donación mínima de 1€. O día da ruta realizaráse unha recolliida de alimentos para a Cruz Vermella.
    Para inscribirse pode empregar o seguinte formulario de inscrición ou facelo na cantina do Club do Mar de Mugardos.
  • 11.00 horas "Portomagno sae á rúa": mercadillo de oportunidades dos comerciantes de Portomagno durante todo o día.
  • 12.00 horas concentración BTT (gratuita): no aparcadoiro do Parque da Constitución onde recolleremos ós menores de 6 anos que queirán dar unha volta en bici polo peirao para rematar todos a rota diante do Club do Mar.
  • Apartir das 13.00 horas "Festa gastronómica": diante do club, e durante todo o día ata esgotar existencias, navallas e cigalas á prancha, churrasco, chourizos, pan e viño. Amenizado por grupo de música. Prezos: Ración de cigalas/navallas: 10€. Churrasco e chourizo: 8€. (Incluíndo pan e viño).
  • 18.00 horas "Regatas de bateis": categorías: alevíns, infantís, cadetes e veteráns. Animade aos pulpeiros.
  • 20.00 horas "Cé orquestra pantasma": actuación musical e animación.
  • 21.00 horas "Sorteo sempre en Mugardos": 10 premios de 100€ para gastar nos establecementos de Portomagno.
  • 22.00 horas "Carnaval de Verán": amenizado por D.J. Suso. Agasallos ós mellores disfraces.
  • 23.00 horas "Gran queimada e sorteo dun televisor de última xeración": segue a música e a troula diante do club ata a madrugada.

18 jul. 2014

Presentación da "IV Bandeira Reganosa"

Onte, xoves 17 de xullo, presentouse no salón de plenos do concello de Mugardos a "IV Bandeira de Traíñas Reganosa" patrocinada por Reganosa e organizada polo Club do Mar de Mugardos e a Liga Galega de Traiñeiras.



Cartel deseñado por Cesar Pena

O acto de presentación foi presidido por D. Carlos Vales (Director de Operacións de Reganosa), D. Xosé Barcia (Alcalde de Mugardos), Dª. Pilar Díaz (Responsable de Deportes) e D. Guillermo Pereira Coto (Presidente do Club do Mar de Mugardos).

Na regata, que se disputará o próximo domingo 27 de xullo as 12.00 horas, competirán os oito equipos que conforman a Liga A da LGT: Amegrove, A Cabana, Chapela, Puebla, Vilaxoán, C.M. Mugardos, S.D. Samertolomeu e Ares. A regata percorrera unha distancia de 5556 metros divididos en 4 longos, dende o peirao de Mugardos ata o peirao carboeiro de Ferrol aproximadamente.

Normativa da regata PDF

"A Bandeira Reganosa poráse en xogo o 27 de xullo" La Voz de Galicia [18/07/2014]
"Máis dun centenar de deportistas na IV Bandeira Reganosa" El Coreo Gallego [18/07/2014]

9 jul. 2014

Competición LGTA (xornadas 2ª e 3ª)

Neste pasado fin de semana (5 e 6 de xullo) deu comezo a competición regular da LGTA na que xa se deu paso a competición en liña. O sábado disputouse a III Bandeira Nauta en Sanxenxo, compartindo escenario coa regata da Liga San Miguel, e o domingo a XXXI Bandeira Concello do Grove.

A regata do sábado estivo marcada por un mar moi movido con ondas rotas e provintes de varias direccións, o que fixo moi incomoda a remada das embarcacións. Estas condicións afectaron negativamente os tempos das rúas exteriores, sobre todo as horas máis próximas a baixamar que foi as 16.10. Na 1ª quenda Ares facía unha gran regata, adaptándose moi ben o estado do mar, e entrando a 21 segundos da traíña de Chapela. A traíña da Cabana entraba no último posto con grandes dificultades para manter o rumbo da embarcación.

Na 2ª quenda Samertolomeu pola rúa 1 mostrábase intratable e facíase coa vitoria, seguida de Vilaxoán e Amegrove. Entraba moito máis atrasada a traíña de Mugardos, pola rúa de fora, a máis dun minuto de Samertolomeu. A clasificación final quedaría 1º Samertolomeu, 2º Vilaxoán, 3º Amegrove, 4º Ares, 5º Chapela, 6º Mugardos, 7º Puebla e 8º A Cabana.

O domingo remouse a XXXI Bandeira Concello do Grove no porto deportivo de Pedras Negras. A condición do mar resultaba mellor ca do día anterior aínda que con refachos de vento de entorno 25 Km/H, un pouco máis intenso durante a 2º quenda.

A bandeira comezou coa disputa da regata da Liga Feminina, na que tras un problemático inicio no que Cabo da Cruz e Tirán non se decataban da baixada de bandeira e saían cun pequeno atraso. A orde de chegada separadas por cerca dun minuto cada traíña sería Samertolomeu, Cabo da Cruz e Tirán.

Na disputa da regata masculina na 2ª quenda Mugardos facíase con claridade co primeiro posto marcando un gran tempo, que lle permitiría disputar postos coas traíñas da 1ª quenda. A 25 segundos entraba Puebla, seguido de A Cabana e Chapela.

Na 1ª quenda Amegrove reinvidicabase na bandeira da casa e tras un primeiro longo en segunda posición facíase coa vitoria por diante de Samertolomeu. Por detrás entraban Vilaxoán e Ares cun tempo superior o marcado por Mugardos na anterior quenda. A clasificación xeral quedaba 1º Amegrove, 2º Meira, 3º Mugardos, 4º Vilaxoán, 5º Ares, 6º Puebla, 7º A Cabana e 8º Chapela.

Vendo os resultados das primeiras tres xornadas da LGTA, parece que estanse a formar 3 batallas: Samertolomeu e Amegrove na loita polo 1º posto; Mugardos, Vilaxoán e Ares na loita pola 3ª praza e Puebla, a Cabana e Chapela na loita por sair do posto de descenso directo.


Galería Fotográfica da III Bandeira Nauta en Sanxenxo [35 fotos]
Tempos da III Bandeira Nauta en Sanxenxo: LGT-A e Liga San Miguel
Galería Fotográfica da XXXI Bandeira Concello do Grove [49 fotos]
Tempos da XXXI Bandeira Concello do Grove: LGT-A e LGT Feminina


Retrasmisión da TVG da Bandeira de Sanxenxo


Traíñas en xogo do 06/07/2014

1 jul. 2014

Presentación LGT 2014

Deu comezo este pasado sábado 28 de xuño a nova edición da LGT coa presentación da liga en Vila de Cangas, mediante unha regata en modalidade contrarreloxo. A regata acudiron os equipos da Liga A, Liga B e da Liga Feminina, a cal comeza este ano a sua andanza. Este ano a liga componse dos seguintes equipos:

    Liga A
  • C.R. Amegrove
  • C.R. A Cabana
  • C.R. Chapela
  • C.R. Puebla
  • C.R. Vilaxoán
  • C.M. Mugardos
  • S.D. Samertolomeu
  • C.R. Ares
    Liga B
  • Vila de Cangas
  • C.R. Rianxo
  • C.M. Bueu
  • Nautico de Boiro - Cabo B
  • A.D. Esteirana
  • C.C.D Cesantes
  • C.R. Mecos - Mondariz
  • C.R. Salgado - Perillo
  • C.R. Coruxo
    Liga Feminina
  • S.D. Samertolomeu
  • Cabo de Cruz
  • S.D. Tirán

O comezo da temporada pechouse cun gran resultado da traíña do Club do Mar que acadou o 3º posto na Liga A, por detrás de Samertolomeu e Amegrove. A traíña de Samertolomeu saía en primeiro lugar da tanda sen referencias e mantiña un gran ritmo durante todo a regata alzándose co triunfo a 20 segundos do equipo de Mugardos e tan só a 3 de Amegrove, que pese a contar coas referencias do seus rivais, ó saír na derradeira posición, non foi capaz de alcanzar o tempo marcado por Samertolomeu.

Na tanda da Liga B facíase co primeiro posto Mecos seguido a 5 segundos de Bueu e a 10 segundos de Perillo. Os catro primeiros clasificados da Liga B mostraron un gran nivel ó superar en tempos o 5º clasificado da Liga A, Ares.

Na Liga Feminina repetía no 1º posto Samertolomeu, a 9 segundos de Cabo e a casi 2 minutos da traíña de Tirán.

Ó rematar a regata celebrouse un acto no que participaron entre outros o Xefe do Servicio de Deportes de Pontevedra Daniel Benavides, o Alcalde de Cangas José Enrique Sotelo. o Presidente da LGT Andrés Fernández e varios deportistas das tripulacións participantes na LGT.


Galería Fotográfica da presentación [106 fotos]
Tempos da regata: Liga A, Liga B e Liga Feminina
Diario de Ferrol [29-06-2014] "Bronce mugardés en la regata inaugural de Primera División"

9 jun. 2014

EDR 2014

Xa esta aquí a oitava edición da "Entre Dúas Rías". Unha ruta de 54 Km que discorre entre os concellos de Mugardos e Ares cunha vistas espaectaculares nun entorno formidable. O día 29 de xuño a ruta partirá dende o Pavillón municipal de Ares ás 09:00 A.M. dende donde iniciaremos un percorrido de 54 km, por carreiros que seguro gustaranvos.

Na inscrición deste ano chegaremos ós 350 participantes como máximo.

A inscrición ten un custe de:

  • Non federados 21€ (9€ inscripción + 12€ de licencia por un día).
  • Federados 9€ (9€ inscrición).
  • O prezo da comida é de 9€ por persoa.

Formulario de alta (pago online).
Formulario para comprobar a inscrición

Como chegar o pavillón municipal de Ares dende a saída da AP-9F

Ver EDR 2014, AP9 a Pabellón Ares en un mapa más grande

18 may. 2014

I XC de Montefaro

O vindeiro sábado 7 de xuño levarase a cabo o "I XC de Montefaro" organizado polo Club do Mar de Mugardos - Pulpeiros BTT, unha proba pertencente ó Open de Galicia 2014 dentro do calendario da Federación Galega de Ciclismo e o II Circuito Deputación da Coruña de BTT-XC. Na realización da proba colaboran os concellos de Ares e Mugardos, a Deputación da Coruña, a Federación Galega de Ciclismo, así como Ciclos Roca, Giant, Nutrisport, Ximnasio Multigym e Cabreiroá.

A proba terá lugar as 16.00 horas na Bailadora (Montefaro), podendo realizarse a inscrición con anterioridade á proba no seguinte formulario ou ben o día da proba na oficina da carreira nos locais da Bailadora.


O horario de saídas da proba realizarase por categorías:

  • Cadetes, junior, feminas e master 40 e 50 ás 16:30 horas.
  • Sub 23, elite, senior e master 30 ás 17:45 horas.

O prezo da inscrición será de 10€.

Como chegar dende a saída da AP-9F
Ver mapa más grande

8 may. 2014

Enduro Race Cabreiroá

O enduro é unha actividade de BTT tremendamente espectacular, cunha serie de tramos cronometrados, con baixadas técnicas e rápidas por zonas de montaña.

O próximo día 11 de maio, en Montefaro, daránse cita o redor de 110 endureiros, nunha proba que contará coa presencia de Toni Perez, actual campión de España de Enduro.

A saída efectuarase as 09:00AM dende o pabillón Municipal do Cristo en Mugardos.

Os patrocinadores desta proba son:




Listado de inscritos e máis información

22 mar. 2014

III Contrarreloxo Club do Mar - Pulpeiros BTT

A saída e a chegada será diante do local social do Club do Mar de Mugardos, situado no Cantón de Cora no peirao de Mugardos.
As 10.00 A.M. comezará a recollida de dorsais na cantina do club para proceder as saídas a partir das 16.00 por orden de dorsal.
A inscripción esta limitada a 150 participantes.
Ó rematar farase unha cea para os corredores que se queiran apuntar, limitarase a cea 60 persoas por razóns de espacio.

O custe por participación é o seguinte:
-Federados: 9 €.
-Non federados: 9€ + 12€ (custe da licencia por un día).
-Cena: 10€ por persoa (podense traer acompañantes).

A inscrición farase no seguinte formulario web ata o día 23 24 de Abril para non federados e 24 25 de Abril para federados, podéndose comprobar a situación dos inscritos nesta páxina.

Como chegar dende a saída da AP9

Ver mapa más grande

4 feb. 2014

Convocatoria de xuntas xerales o día 16 de febreiro de 2014


Club do Mar de Mugardos
R/Cantón de Cora Nº16
15620 Mugardos (A Coruña)
TLF. E FAX: 981 470170

CONVOCATORIA DE XUNTA XERAL ORDINARIA DE SOCIOS/AS

De conformidad co acordo da Xunta Directiva celebrada o pasado 24 de xaneiro de 2014, convócase Xunta Xeral Ordinaria de Socios/as do CLUB DO MAR DE MUGARDOS, para a súa celebración en Mugardos, na Cantina do Club do Mar, situado na Rúa Cantón de Cora, Núm. 16, O VINDEIRO 16 DE FEBREIRO DE 2014 ás 11.00 horas, en primeira convocatoria; e ás 11.30 horas en segunda convocatoriae, co gallo de deliberar e adoptar acordos sobre os asuntos incluidos na seguinte 

ORDE DO DÍA 
  1. Lectura e aprobación da acta anterior, se procede.
  2. Informe deportivo e de actividades do ano 2013.
  3. Informe económico do ano 2013.
  4. Informe deportivo e de actividades do ano 2013.
  5. Situación actual do club e proxectos para a tempada 2014.
  6. Procedemento a seguir nas eleccións á Presidencia do Club do Mar de Mugardos por fin de mandato do actual Presidente.
  7. Rogos e preguntas.

CONVOCATORIA DE XUNTA XERAL EXTRAORDINARIA DE SOCIOS/AS

A directiva do Club do Mar de Mugardos convoca Xunta Xeral Extraordinaria de Socios/as do CLUB DO MAR DE MUGARDOS, para a súa celebración en Mugardos, na Cantina do Club do Mar, situado na Rúa Cantón de Cora, Núm. 16, o vindeiro 16 de febreiro de 2014 ó remate da Xunta Ordinaria previa, co gallo de convocar eleccións a
Presidencia conforme a seguinte orde do día:

1. Calendario electoral.
2. Sorteo membros componentes Xunta Electoral.
3. Elección e nombramento dos componentes da Mesa Electoral.



Mugardos, a 27 de xaneiro de 2014.
O PRESIDENTE

Asdo. Don Guillermo Pereira Coto



31 ene. 2014

Ante o aviso de alerta vermella por condicións climatolóxicas adversas cancelase a regata de bateis que estaba programada para este sábado día 1 de febreiro de 2014.

15 ene. 2014

Concurso adxudicación do contrato do ambigú da sociedade

Convocase o concurso para a xestión do ambigú da sociedade, na que poderán participar todas as persoas ou sociedades que cumpran o establecido no prego de cláusulas publicada na web e no taboleiro de anuncios da entidade.

O período de presentación de ofertas é do 16 de xaneiro ata o 30 de xaneiro de 2014, sendo presentadas as ofertas na oficina do Club do Mar no horario de atención ó público.

Os solicitantes deberán cumprir as seguintes condicións:
  • Ser socios do Club do Mar no momento de presentar a proposta.
  • Ter cumpridos os 18 anos.
Os criterios para valorar as propostas serán:
  • Memoria da xestión.
  • Formación e/ou experiencia no sector da hostalaría.
  • Entrevista persoal.
  • Oferta económica.
  • Posibilidade de facerse cargo da limpeza da sala de fitness e vestiarios.

Prego de condicións (PDF)