Presentación da “III Bandeira Reganosa”

Este martes 23 de xullo presentouse no salón de plenos do concello de Mugardos a “III Bandeira de Traíñas Reganosa” patrocinada por Reganosa e organizada polo Club do Mar de Mugardos e a Liga Galega de Traiñeiras.

Ó acto de presentación foi presidido por D. Carlos Vales (Director de Operacións de Reganosa), D. Xosé Barcia (Alcalde de Mugardos), Dª. Pilar Díaz (Responsable de Deportes) e D. Guillermo Pereira Coto (Presidente do Club do Mar de Mugardos).
O acto tamén acudiron representantes dos diferentes grupos políticos municipais.

Na regata, que se disputará o próximo domingo 28 de Xullo as 12.00 horas, competirán os oito equipos que conforman a Liga A da LGT: Chapela, Amegrove, Samertolomeu de Meira, Cabo da Cruz, Vilaxoán, A Cabana e C.R. Mecos. A regata percorrera unha distancia de 5556 metros divididos en 4 longos, dende o peirao de Mugardos ata o peirao carboeiro de Ferrol aproximadamente.

Ó rematar a regata as 13.30 horas, como ven sendo tradición, realizarase unha churrascada no Club do Mar para celebrar con tódolos socios e xiareiros esta nova edición da Bandeira do Club.

Documentación da III Bandeira Reganosa [PDF 4,9 MB]

Trail Mugardos – Montefaro

O Club do Mar – Pulpeiros BTT organiza o vindeiro 8 de setembro a ” I CARREIRA DE MONTAÑA MUGARDOS MONTEFARO” .

Esta nova actividade dun trail de montaña para a entidade realizase coa inestimable axuda de Trinity (Narón) que patrocina e colabora coa realización do evento.
O trail discorrerá por unha zona tan espectacular e fermosa como é a ría de Ferrol, repleta de corredoiras con incribles vistas ó mar.

O trail partirá dende o Pabillón Municipal do Cristo en Mugardos (como chegar) as 9.00 AM, realizándose a recollida de dorsáis hasta unha hora antes. A distancia do percorrido é de 23 KM, contando cun desnivel acumulado positivo de subida de 911 metros e negativo de baixada tamén de 911 metros, e o número de participantes esta limitado a 250. Tamén entregaranse dorsais de forma previa os días 6 e 7 de setembro en Trinity (como chegar).

O custe da inscrición será de 11€ por participante. O custe da churrascada posterior a proba será de 10€ (para os que se queiran quedar a comer) e poderase levar acompañantes aboando a mesma cantidade por persoa. A proba contará con servizo gratuíto de consigna, onde poder deixar mochilas ou prendas.

A inscrición rematará o día 4 de setembro para os que se queden a comer ou o 5 de setembro para o resto de participantes, tamén se cerrará a inscrición ó alcanzar os 250 participantes.

A participación na carreira inclúe: agasallo, duchas, servizo de consigna e avituallamento.

Para resolver calqueira duda pode poñerse en contacto con nos nos teléfonos 981 471 070 e 669 255 740 ou en Trinity Narón.

Durante a proba realizaranse fotografías e gravacións en vídeo do evento.

Test del trail [laszapatillasdel42.blogspot.com.es]