Recopilación de regatas históricas en el No-Do

La reciente apertura de Filmoteca española de los archivos del No-Do mediante la plataforma digital RTVE nos permite el acceso a los vídeos de un gran número de regatas de traineras disputadas entre los años 1943 y 1975 que hasta ahora presentaban un difícil acceso para los aficionados al remo de banco fijo.

A continuación listamos una selección de No-Dos que incluyen imágenes de las regatas de la época, en las cuales destaca la evolución en la técnica del remo en estas décadas:

Campeonatos de España de traineras

Copa del Generalísimo (A Coruña)

Bandera de la Concha (Donostia-San Sebastián)

Otras regatas

* Participación de traineras mugardesas, ver nuestra página sobre historia para más información.

O Club do Mar porá en venta a súa traíña


[Actualización 29/12/2012] Evidentemente as traíñas inchables non existen e o artigo era unha incentada.


Ante falta de espacio de almacenamento das instalacións deportivas da entidade, o que ven restrinxindo as actividades deportivas do Club, a xunta directiva da mesma decidiu vender a traíña “Bestarruza”. Esta decisión tomouse despois de evaluar todas as posibles solución; pero non se atopou outra alternativa ó problema do espacio. Con esta decisión aproveitarase a forte demanda do novo modelo da traíña de Amilibia conseguindo recuperar a inversión realizada o ano pasado na compra da embarcación.

Este feito non suporá a renuncia a participación do Club do Mar de Mugardos na máxima categoría da LGT, se non que se apostará por un novo modelo de traíña semirríxida que esta sendo desenrolada polo propio Club e os afamados esteleiros de Monforte de Lemos “Semirrixidas Monfortinas S.L.”. Este novo deseño de traíña permitirá un mellor aproveitamento das instalacións o constar dunha parte inchable, a cal poderá ser desinchada para gardar a traíña, e unha parte ríxida que dotará a embarcación da rixidez necesaria para a competición.
Para conseguir estes obxectivos utilizaranse novos materiais construtivos empregando o uso da nanotecnoloxía, concretamente o casco da embarcación farase con nanotubos de carbono, sendo a primeira embarcación de remo en empregar esta tecnoloxía.

Os nanotubos de carbono son as fibras máis resistentes que se poden fabricar hoxe en día sendo 100 veces máis resistentes que o aceiro e 6 veces máis lixeiros, mentres que a rixidez estrutural será acadada mediante o emprego de kevlar co que según as estimacións cos que traballa o estaleiro sería posible diminuír o peso das traíñas de competición.

Types of Carbon Nanotubes

Tempos do descenso de Ares

Hoxe, Domingo 23 de decembro de 2012, disputouse o descenso organizado polo C.R. Ares; o primeiro da tempada despois da suspensión do descenso de Coruxo. Ante o forte vento e as malas condicións para regatear o descenso trasladouse dende a Ría de Ares a de Ferrol, onde se remou saíndo de Mugardos ata á Cabana e rematando no punto de saída.

 

Na regata participaron as traíñas de Amegrove, Ares A, Ares B e Mugardos facéndose a traíña do Club do Mar co primeiro posto cun tempo de 20.16,50.

 

 

Os tempos foron on seguintes:

Traíña
Virada
Chegada
Ares B
10.07,00
22.31,40
Ares A
9.57,00
22.31,80
Mugardos
9.03,00
20.16,50
Amegrove
9.31,00
21.03,50

 

Diario de Ferrol “Mugardos venció en la regata aresana” [28/12/2012]

 

Resultados do provincial de ergómetro, Ferrol 2012

O pasado Domingo 16 de Decembro de 2012 celebrouse na Malata (Ferrol) o Campionato “Provincial de Remoergómetro” no que participou o Club do Mar de Mugardos. O club competiu nas categorías alevín feminino, alevín masculino, infantil feminino, infantil masculino, cadete feminino, veterano masculino, alevín feminino por eqiupos, infantil feminino por equipos, infantil masculino por equipos e cadete feminino por equipos , obtendo moi bos resultados en todas as categorías, polo que felicitamos ós deportistas participantes.


Os resultados dos remeiros do Club do Mar foron os seguintes:

  • Alevín feminino:
    • 1º posto: Inés Romero
    • 5º posto: Noa Canido
    • 8º posto: Sara Vázquez
    • 10º posto: Sara Salido
    • 14º posto: Paola Alonso
    • 15º posto: Noa Martínez
  • Alevín maculino:
    • 10º posto: Raúl Rodríguez
    • 22º posto: Brais Tuñas
  • Infatil feminino:
    • 4º posto: Marica López
    • 10º posto: Sara Vázquez
  • Infantil Masculino:
    • 9º posto: Franciso Rodríguez
    • 17º posto: Jesús Rodríguez
    • 26º posto: Alberto Pérez
    • 28º posto: David Romero
    • 30º posto: Adrián Fernández
  • Cadete feminino:
    • 5º posto:Mercedes Pereira
    • 9º posto: Leticia López
  • Veterán masculino:
    • 3º posto: Roberto Vilariño
  • Alevín feminino por eqiupos:
    • 2º posto: Noa, Noa, Inés e Sara
  • Infantil feminino por equipos:
    • 1º posto: Marica, Inés, Sara e Lupa

  • Infantil masculino por equipos:
    • 4º posto: David, Adrián, Francisco, Jesús
  • Cadete feminino por equipos:
    • 3º posto: Leticia, Marica, Mercedes e Mónica


Diario de Ferrol “Ferrolterra acaparó los puestos de podium en el torneo Provincial” [18/12/2012]
Resultados Individuáis “Foro de Todoremo.com”
Resultados por equipos “Foro de Todoremo.com”

Aviso lotería de Nadal

O Club do Mar de Mugardos comunica o roubo das series da lotería de Nadal cos números comprendidos entre o 851 – 900 e 1301 – 1500 vendidas por dita entidade. A lotería roubada atopábase sen cuñar polo que se prega os interesados que revisen a lotería da entidade que lles sexa ofrecida. Os novos números que reemprazan os roubados atópanse cuñados e firmados polo presidente da entidade para disipar posibles dúbidas sobre a súa procedencia.

Dende a entidade esperamos que dito feito non cause ningún inconvinte e aproveitamos para desexar un bo Nadal e felices festas os socios e seguidores do Club do Mar.