Ante as novas medidas publicadas pola Xunta suspéndese novamente o acceso dos socios ó ximnasio.
Está medida estenderase ata que rematen ditas medidas.
Ante as novas medidas publicadas pola Xunta suspéndese novamente o acceso dos socios ó ximnasio.
Está medida estenderase ata que rematen ditas medidas.
O Club do Mar de Mugardos acadou a firma dun convenio co centro estatal Gamaleya ruso para o suministro da vacina da COVID19 "Sputnik V" ós seus remeiros/as, de este xeito a entidade asegurase a participación na vindeira tempada da LGT 2021.
Mediante este convenio a entidade mugardesa pasa a formar parte do ensaio clínico da vacina Sputnik V que o prestixioso laboratorio estatal leva a cabo en Europa para a certificación ante a Axencia Europea de Medicamentos.
Este convenio constará de dúas fases:
Na primeira fase os remeiros/as da entidade participaran no ensaio clínico e as embarcación serán rotuladas coa publicidade da vacina, así mesmo reproducirase o himno ruso cando calquera das embarcación do club acade unha bandeira.
Na segunda fase o Club do Mar colaborará co centro Gamaleya para desenrolar unha nova iteración da vacina que non so protexa contra a COVID, senón que permita mellorar o rendemento dos deportistas mediante a inserción de ADN recombinante a través dun vector vírico. Nas novas secuencias de ADN utilizaranse instrucións xenéticas procedentes de animais que posúan adaptación físicas beneficiosas para o desempeño deportivo, como a capacidade de almacenamento de osíxeno muscular por parte dos mamíferos mariños ou a velocidade de reacción muscular das gambas.
Ante as novas medidas aprobadas pola Xunta no DOG Nº 223-Bis, nas que restrínxese a reunión de persoas na área de Ferrolterra, suspéndese o acceso dos socios ó ximnasio.
Está medida estenderase ata que termninen ditas medidas aprobadas pola Xunta de Galicia.
Ante as novas medidas aprobadas pola Xunta no DOG Núm. 212-Bis suspéndese o acceso dos socios o ximnasio polas tardes pola coincidencia co entreno dos deportistas federados.
Os socios poderán continuar entrenando polas mañás sen superar as 5 persoas no local e cumprindo as normas de desinfección en vigor.