Convocatoria de Xunta Xeral ordinaria e extraordinaria de socios/as 06/03/2026

Club do Mar de Mugardos
R/Cantón de Cora Nº16
15620 Mugardos (A Coruña)
 

CONVOCATORIA DE XUNTA XERAL ORDINARIA DE SOCIOS/AS

De conformidade co acordo da Xunta Directiva extraordinaria celebrada o 6 de Marzo de 2026 convoca a Xunta Xeral Ordinaria de Socias/os do Club do Mar de Mugardos para a súa celebración en Mugardos, no local social da entidade, situado na Rúa Cantón de Cora, n.º 16, o vindeiro 2 de Abril de 2026 as 09:30 en primeira convocatoria e ás 10:00 en segunda convocatoria, co gallo de deliberar e adoptar acordos sobre os asuntos incluídos na seguinte: 

ORDE DO DÍA

  1. Lectura e aprobación da acta anterior, se procede.
  2. Informe económico do ano 2025.
  3. Informe deportivo e de actividades do ano 2025.
  4. Situación actual do club e proxectos para a tempada.
  5. Procedemento a seguir nas eleccións á Presidencia do Club do Mar de Mugardos por fin de mandato do actual Presidente.
  6. Rogos e preguntas.

CONVOCATORIA DE XUNTA XERAL EXTRAORDINARIA DE SOCIOS/AS


A directiva do Club do Mar de Mugardos convoca Xunta Xeral Extraordinaria de Socias/os do Club do Mar de Mugardos, para a súa celebración en Mugardos, no local social do Club do Mar de Mugardos, situado na Rúa Cantón de Cora, n.º 16, o vindeiro 2 de Abril de 2026 ó remate da Xunta Ordinaria previa, co gallo de convocar eleccións a Presidencia conforme a seguinte orde do día:

  1. Calendario electoral.
  2. Sorteo membros compoñentes Xunta Electoral.
  3. Elección e nomeamento dos compoñentes da Mesa Electoral.

Mugardos, a 17 de marzo de 2026.

O PRESIDENTE

Eliseo Reborido Mato