Bici-Gymkana Indoor Club do Mar de Mugardos

O sabado 22 de xaneiro o “Club do Mar – Pulpeiros BTT” levará a cabo unha xincana ciclista a cuberto no pavillón deportivo municipal de Mugardos. O evento comezará as 16.30 e rematará as 18.30.

  • O evento está destinado a nenos de 6 a 12 anos e constará de diferentes circuitos, probas e niveis. 
  • Para a participación en dito evento é necesario que os participantes leven bicicleta e mais casco. 
  • A actividade é completamente de balde para todo os partipantes.
  • O final do evento sortearase material deportivo cedido por Giant patrocinador do evento.

A inscripción poderá realizarse no seguinte formulario, na cantina do club do Mar tódalas tardes a partir das 18.00 ou ben falando co teu pofesor de educación fíisica (nos colexios da zona). O prazo de inscrición remata o venres 14 de xnaeiro 21 de xaneiro as 19.00.

Formulario de inscrición.

Campionato de Tute do Club do Mar 2011

Todas as parellas interesadas en participar no “Campionato de Tute” poderán apuntarse na cantina do Club do Mar de Mugardos ou ben chamando o teléfono do Club (981 47 01 70) en horario de 18.30 a 20.30 de luns a venres.

  • O prezo da inscripción por parella será de 12 €.
  • Entregaranse trofeos ás tres parellas mellor clasificadas.
  • Ó rematar o campionato efectuarase a entrega no intermedio dunha cea que servirase na catnina do Club do Mar.

A data de comenzo das partidas comunicarase no seu día.

¡¡¡ Esperamos a vosa participación!!!

Cartas

Ruta de Nadal

 

Hoxe día 04-01-2011 C.M. Pulpeiros realizou a primeira Ruta de Nadal, o que esperamos que se convirta nunha nova tradición.
A ruta partiu do Club do Mar as 16.14 iniciando un percorrido pensado para os máis pequenos.
A ruta foi a seguinte:

  • Saída dende Club do Mar.
  • Subida as Casas Baratas.
  • Catro Camiños.
  • O Cristo.
  • Seaña.
  • Baixada a rotonda de Rilo.
  • Subida pola estrada do Pazo hacia Simou.
  • Baixada de Simou ó Baño.
  • Regreso pola estrada de Roibeiras ó Cristo.
  • Baixada á Cruz.
  • Regreso ó Club do Mar sobre as 17.30.  

Ver Mapa Ruta Nadal 2011 no mapa
 

Foron uns 14 km que os rapaces disfrutaran moito tal como se pretendía.
¡¡Gracias a todos por participar!!

 

 

 


Álbum de FaceBook (114 fotos).

 

Ruta ciclista de nadal

O martes 4 de xaneiro levarase a cabo  ás 16.00 horas unha ruta ciclista para nenos (maiores de 8 anos) organizada polo “Club do Mar – Pulpeiros BTT”. O percorrido será duns 12 km aproximadamente e discurrirá por camiños do concello. A chegada ó Club do Mar e o pertinente avituallamento será as 18.00 horas. Tamén quere facerse fincapé desde o Club do Mar no seguimento das normas de seguridade vial polo que se considera imprescindible o emprego de casco por parte dos participantes.

As inscricións previas poderanse facer na cantina do Club ou no correo electrónico (indicando nome, apelidos, idade e teléfono) ata as 20.00 horas do día 3 de xaneiro.

A actividade está patrocinada por Giant, o que agradecemos a súa colaboración dende o Club do Mar.

Nota: “O Club do Mar Pulpeiros BTT, como sección deportiva do Club do Mar, quere manifestar que cada participante considerarase en excursión persoal, debendo en todo caso respetar as normas de circulación e de seguranza vial, polo que dito Club non se fará responsabel dos danos físicos ou morais que poida derivarse da participación nesta rota.”

Para descargar o cartel en formata PDF (1 MB) faga clic aquí.

Presentación da sección de ciclismo

A historia dos “Pulpeiros BTT”

Érase unha vez…, alá polo ano 2008 un grupo de amiguetes mugardeses entusiastas da BTT, que tiñan bicicletas marca Decathlon e Maverick. Reuníanse asiduamente no parque da Rega na Seaña para rutear por todo tipo de montes e corredoiras. Uns amigos a quenes non lles importaba mancharse de lama, saltar e brincar entre as rochas, os charcos e os ríos,…. Caerse unha e mil veces e volver a subirse unha vez mais sobre a bici. Coller a bici fixera sol ou frío, chovese ou nevase. Chegar a casa cun algún golpe, rabuñadura ou descosido, iso non importaba. Participar nalgunha marcha, sufrir, rir, chegar á  meta sen importar o posto na clasificación, e abraiase pola fermosa natureza en todo o seu esplendor subido nunha bici.

Gracias a ese entusiasmo, a afección foi a máis e aquelas bicicletas deron paso a outras como as Trek, as Jamis, as Orbea ou as Giant. Outros ciclistas de montaña tan entusiastas como eles os coñeceron e surxiu unha gran familia “betetera”. Nese tempo, o ano 2009, un paisano mugardés, José coñecido como “Chante”, anima a participar ós mugardeses baixo maillot amarelo e o logo dun polbo montado en bicicleta, con o nome de Pulpeiros BTT. Surxe así a lenda …

Como a afección á BTT ía en aumento e eran moitos os mugardeses que demandaban un club, buscouse unha entidade con local social e con ximnasio que puidese levar a cabo ese soño, ¡un club de BTT en Mugardos!.

Vellos amigos de colexio, colegas e paisanos afeccionados ó remo e tamén ó deporte da bicicleta, esa era a xoven directiva do Club do Mar de Mugardos que estaba disposta a crear unha sección de ciclismo coa intención de potenciar este deporte.

Xunta xeral extraordinaria

Celebrouse o pasado domingo 14 de novembro a xunta xeral extraordinaria do Club do Mar de Mugardos. A xunta celebrouse na cantina do Club do Mar cunha boa participación de socios.
Na xunta repasouse o estado xeral do Club do Mar e aprobouse por unanimidade a incorporación de dúas novas actividades ó Club. Estas novas actividades corresponden a Pesca Responsable e Náutica de Recreo [Web da Federación] e a Ciclismo. Cabe destacar que o pasado verán xa se realizou dentro da actividade de ciclismo a “Primeira ruta de Verán” do Club do Mar cunha altísima participación de ciclistas de toda a comarca.
O final da xunta procedeuse atender as preguntas e suxerencias dos socios.

Fotos pertencentes a “Primeira ruta de Verán” do Club do Mar

Convocatoria de xunta xeral extraordinaria

Club do Mar de Mugardos
R/Cantón de Cora Nº16
15620 Mugardos (A Coruña)
TLF. E FAX: 981 470170
CONVOCATORIA DE XUNTA XERAL EXTRAORDINARIA DE SOCIOS/AS

De conformidad co acordo da Xunta Directiva celebrada o pasado 29 de outubro de 2010, convócase Xunta Xeral Extraordinaria de Socios/as do CLUB DO MAR DE MUGARDOS, para a súa celebración en Mugardos, na Cantina do Club do Mar, situado na Rúa Cantón de Cora, Núm. 16, O VINDEIRO 14 DE NOVEMBRO DE 2010 ás 11.00 horas, en primeira convocatoria; e ás 11.30 horas en segunda convocatoria no caso de non obterse quorum suficiente, co gallo de deliberar e, no seu, adoptar acordos sobre os asuntos incluidos na seguinte

ORDE DO DÍA 

  1. Estado xeral Club do Mar.

  2. Aprobala creación das seccións de ciclismo e pesca deportiva no Club do Mar.
3.  Rogos e preguntas.

Mugardos, a 31 de outubro de 2010.
O PRESIDENTE

Fdo. Don Guillermo Pereira Coto
NOTA IMPORTANTE: Debido á importancia do asunto a tratar requírese a presencia de todolos socios/as. 

Descargar a convocatoria en PDF


Resultados do campionato escolar de remoergómetro [08/10/2010]

Resultados do campionato escolar de remoergómetro realizado no Club do Mar o 8 de outubro.
No campionato participaron os colexios “CEIP Uninón Mugardesa” e “CEIP Santiago Apostolo” (Franza).

Categoría: Alevíns

Alevíns femininos
Nome Tempo Posición
M.L. 2:28.8
J.R. 2:34.1
N.B. 2:38.4
A.P. 2:44.2
V.C. 2:55.3
Alevíns masculinos
Nome Tempo Posición
F.R. 2:09.4
A.P. 2:20.7
P.J. 2:21.8
S.P. 2:22.0
J.P. 2:24.3
A.G. 2:28.3
C.V. 2:33.3
B.F. 2:35.6

Alevíns en competición

Categoría: Infantís

Infantís femininos
Nome Tempo Posición
N.V. 1:51.1
A.L. 1:57.5
E.V. 2:03.4
S.V. 2:15.6
C.V. 2:16.8
A.V. 2:27.6
Infantís masculinos
Nome Tempo Posición
I.R. 1:36.5
A.L. 1:57.9
R.G. 2:10.5
M.P. 2:22.6

Categoría: Cadetes e Xuvenís

Cadetes masculinos
Nome Tempo Posición
M.G. 1:35.5
D.P. 1:35.7
I.V. 1:41.5
Xuvenil feminino
P.P. 2.:00.7

Evolución histórica do remo e historia do Club do Mar de Mugardos

[Artígo para a revista do Club do Mar da temporada 2003/04]

Quero resaltala dificultade para precisar as orixes exactas do remo de banco fixo. 0 certo é que tanto en Euskadi como Cantabria, Asturias ou Galicia este adopta o seu Carácter deportivo aló a principios de século.

Esta tradición deportiva mantén as súas raíces gracias tanto á natural competencia entre as vilas mariñeiras do litoral español dende Galicia, ata o sudoeste de Francia, como polo apoio e o fomento público, iniciado no Antigo Réxime a través da mítica Copa do Xeneralísimo Franco e mantido dende aquela época gracias ó apoio privado e institucional.

A nivel das competicións de traíñas, que remaban naquel entón. na honra da S.E. o Xefe do Estado español, en augas da ria de Coruña, alá por 1948, empezaron a destacar as traíñas María Pita e Rosalía de Castro, acadando Campionatos na Copa do Xeneralísimo a traíña María Pita.

Ano 1949 a traíña Fogar do Produtor de Mugardos, patroneada por Vázquez, acadou o sexto posto cun tempo de 25,15 minutos.

Ano 1950, A mesma traíña consegue a medalla de bronce patroneada polo mítico Luís Dieste (“Lucho”), cun tempo de 26,12 min. Nesta regata: había 12 clubs participantes.

Ano 1951 a mesma traíña do Fogar do Produtor consegue o sexto posto patroneada por Luís Dieste cun tempo de 22,10 min.

Ano 1952 cámbiaselle o nome a traíña por motivos que non quero resaltar aquí e pónselle o nome de “Educación y Descanso de Mugardos”, patroneada por Rodríguez, realizando un tempo 21,11 minutos.

Anos 1953 e 1954. Non se celebrou o Campionato do Xefe do Estado Español. Por motivos que descoñezo algúns dos remeiros cambian para outras traíñas, como a Mariña de Guerra e a Empresa Nacional Bazán.
Aquí rómpese unha das tradicións de Mugardos. Dende aquel entón. 0 seu máximo esplendor en Galicia chega na década dos 60 e os 70,  feito avaliado pola consecución dos campionatos estatais de traíñas gañados por Meira e a Sociedade Deportiva Tirán (anos 1960 e 1961).

A partir desa época, no ano 1960 xorde a primeira agrupación de remeiros co nome da confraría de pescadores, participando nos xogos sindicais celebrados na capital de España, onde acadaron o subcampionato de bateis.

No ano 1962 fúndase o Club do Mar de Mugardos. Naquel entón saíu elixido presidente Don Luís Dieste. Quero resaltalo porque foi remeiro, patrón, cobrador, tesoureiro, adestrador e presidente. Sen el, non teríamos tantos logros. Nese mesmo ano quedamos Campións de Galicia nas Pontes de Garcia Rodríguez e acádase a medalla de bronce no Campionato de España de Bateis.

No ano 1963 comézanse a colleitalos maiores triunfos, sobresaíndo na categoría absoluta de homes na modalidade de bateis. Quedan campións de Galicia na regata celebrada no concello de Ares. E no campionato de España representando a Galicia pola Federación Galega de Remo nas augas de Avilés, consegue o seu primei Campionato, así como tamén como a Bandeira de España.

No ano 1964 o Club do Mar de Mugardos xa é coñecido por tódalas vilas de España. Os vascos, os Cántabros, asturianos e os mesmos galegos recoñecen que son os mellores. Son campións galegos de bateis na regata celebrada na ría de Cedeira, e volven representar a Federación Galega no Campionato de España de bateis Sénior que se celebrou en augas de Castropol en Asturias, sendo subcampións de España.

No ano 1965 inícianse as xestións para poder construílo local social e despois de moitas trabas. Comézanse as obras ese mesmo ano. Quedan de novo campións de Galicia en bateis sénior e proclámanse subcampións de España en iolas na categoría de Xuvenís, regata celebrada na cidade de Ferrol.

No ano 1966 repítese a historia, quedando campións galegos de bateis. En representación galega marchan para as augas da ria de Cedeira ante milleiros de persoas que se desprazaron de tódolos portos galegos e ante centos de afeccionados mugardeses se proclaman campións de España de bateis.

Nese mesmo ano, tiñamos tantos deportistas que creamos un equipo de balonmán. Clasificouse campión provincial, trofeo celebrado na Coruña, e desprázanse ós Campionatos de España que se celebraron en Madrid, acadando un notable Cuarto posto.

No ano l967 volven ser campións galegos de bateis e Subcampións de España de iolas, regata celebrada en augas de Santander.

Continúase coa Sección de balonmán.

No ano I968, o dia 23 de marzo, inaugúrase O local social reunindo en Mugardos as mais altas autoridades civís e militares de Galicia.

Continúanse colleitando medallas de prata e ouro no remo tanto en banco fixo como no banco móbil. Neste mesmo ano conséguese da Federación Galega de Boxeo os materiais para montar un ring, participando nos campionatos de España de peso medio, acadando o terceiro posto.
Tamén organizámolos campionatos comarcais de chave, onde fomos durante moitos anos os líderes na comarca. Tiñamos tantos afeccionados e colaboradores que decidimos abrir unha nova sección de actividades subacuáticas.

No ano 1969 somos campións de Galicia en bateis e continuamos coas actividades puxilísticas, participando nos campionatos de España de afeccionados.

Organízase o campionato de actividades subacuáticas.

En banco móbil somos subcampións de España en Outrigeer.

Aquí terminamos esta década como un dos mellores clubs de España. recoñecidos por tódalas vilas, non só no remo. Senón tamén nas outras actividades.

Ben queridos lectores/as espérovos poder contala seguinte década dos 70, que tamén colleitou varios logros, en sucesivas revistas.