I XC de Montefaro

O vindeiro sábado 7 de xuño levarase a cabo o “I XC de Montefaro” organizado polo Club do Mar de Mugardos – Pulpeiros BTT, unha proba pertencente ó Open de Galicia 2014 dentro do calendario da Federación Galega de Ciclismo e o II Circuito Deputación da Coruña de BTT-XC. Na realización da proba colaboran os concellos de Ares e Mugardos, a Deputación da Coruña, a Federación Galega de Ciclismo, así como Ciclos Roca, Giant, Nutrisport, Ximnasio Multigym e Cabreiroá.

A proba terá lugar as 16.00 horas na Bailadora (Montefaro), podendo realizarse a inscrición con anterioridade á proba no seguinte formulario ou ben o día da proba na oficina da carreira nos locais da Bailadora.

O horario de saídas da proba realizarase por categorías:

  • Cadetes, junior, feminas e master 40 e 50 ás 16:30 horas.
  • Sub 23, elite, senior e master 30 ás 17:45 horas.

O prezo da inscrición será de 10€.

Como chegar dende a saída da AP-9F
Ver mapa más grande

Enduro Race Cabreiroá

O enduro é unha actividade de BTT tremendamente espectacular, cunha serie de tramos cronometrados, con baixadas técnicas e rápidas por zonas de montaña.

O próximo día 11 de maio, en Montefaro, daránse cita o redor de 110 endureiros, nunha proba que contará coa presencia de Toni Perez, actual campión de España de Enduro.

A saída efectuarase as 09:00AM dende o pabillón Municipal do Cristo en Mugardos.

Os patrocinadores desta proba son:

Listado de inscritos e máis información

III Contrarreloxo Club do Mar – Pulpeiros BTT

A saída e a chegada será diante do local social do Club do Mar de Mugardos, situado no Cantón de Cora no peirao de Mugardos.

As 10.00 A.M. comezará a recollida de dorsais na cantina do club para proceder as saídas a partir das 16.00 por orden de dorsal.
A inscripción esta limitada a 150 participantes.

Ó rematar farase unha cea para os corredores que se queiran apuntar, limitarase a cea 60 persoas por razóns de espacio.
O custe por participación é o seguinte:
-Federados: 9 €.
-Non federados: 9€ + 12€ (custe da licencia por un día).
-Cena: 10€ por persoa (podense traer acompañantes).
A inscrición farase no seguinte formulario web ata o día 23 24 de Abril para non federados e 24 25 de Abril para federados, podéndose comprobar a situación dos inscritos nesta páxina.

Como chegar dende a saída da AP9

Ver mapa más grande

Convocatoria de xuntas xerales o día 16 de febreiro de 2014

Club do Mar de Mugardos
R/Cantón de Cora Nº16
15620 Mugardos (A Coruña)
TLF. E FAX: 981 470170
CONVOCATORIA DE XUNTA XERAL ORDINARIA DE SOCIOS/AS

De conformidad co acordo da Xunta Directiva celebrada o pasado 24 de xaneiro de 2014, convócase Xunta Xeral Ordinaria de Socios/as do CLUB DO MAR DE MUGARDOS, para a súa celebración en Mugardos, na Cantina do Club do Mar, situado na Rúa Cantón de Cora, Núm. 16, O VINDEIRO 16 DE FEBREIRO DE 2014 ás 11.00 horas, en primeira convocatoria; e ás 11.30 horas en segunda convocatoriae, co gallo de deliberar e adoptar acordos sobre os asuntos incluidos na seguinte 
ORDE DO DÍA 
  1. Lectura e aprobación da acta anterior, se procede.
  2. Informe deportivo e de actividades do ano 2013.
  3. Informe económico do ano 2013.
  4. Informe deportivo e de actividades do ano 2013.
  5. Situación actual do club e proxectos para a tempada 2014.
  6. Procedemento a seguir nas eleccións á Presidencia do Club do Mar de Mugardos por fin de mandato do actual Presidente.
  7. Rogos e preguntas.

CONVOCATORIA DE XUNTA XERAL EXTRAORDINARIA DE SOCIOS/AS
A directiva do Club do Mar de Mugardos convoca Xunta Xeral Extraordinaria de Socios/as do CLUB DO MAR DE MUGARDOS, para a súa celebración en Mugardos, na Cantina do Club do Mar, situado na Rúa Cantón de Cora, Núm. 16, o vindeiro 16 de febreiro de 2014 ó remate da Xunta Ordinaria previa, co gallo de convocar eleccións a
Presidencia conforme a seguinte orde do día:

1. Calendario electoral.
2. Sorteo membros componentes Xunta Electoral.
3. Elección e nombramento dos componentes da Mesa Electoral.


Mugardos, a 27 de xaneiro de 2014.
O PRESIDENTE

Asdo. Don Guillermo Pereira Coto


Concurso adxudicación do contrato do ambigú da sociedade

Convocase o concurso para a xestión do ambigú da sociedade, na que poderán participar todas as persoas ou sociedades que cumpran o establecido no prego de cláusulas publicada na web e no taboleiro de anuncios da entidade.

O período de presentación de ofertas é do 16 de xaneiro ata o 30 de xaneiro de 2014, sendo presentadas as ofertas na oficina do Club do Mar no horario de atención ó público.

Os solicitantes deberán cumprir as seguintes condicións:

  • Ser socios do Club do Mar no momento de presentar a proposta.
  • Ter cumpridos os 18 anos.

Os criterios para valorar as propostas serán:

  • Memoria da xestión.
  • Formación e/ou experiencia no sector da hostalaría.
  • Entrevista persoal.
  • Oferta económica.
  • Posibilidade de facerse cargo da limpeza da sala de fitness e vestiarios.

Prego de condicións (PDF)

PC-Traíñas 2013


[Actualización 29/12/2013] Esta noticia evidentemente foi unha inocentada.


O club do mar acaba de firmar un convenio coa compañía de software “Bytes da Ría” para desenrolar un videoxogo de xestión deportiva sobre o mundo do remo.

O videoxogo que levará como título “PC-Traíñas 2013” porá ó xogador no papel de xestor dun dos equipos da LGT, tendo que xestionar tanto o apartado deportivo como organizativo da entidade.

Os xogadores terán que enfrontarse o reto de conseguir financiamento mediante empresas privadas ou subvencións publicas para así acadar o presuposto necesario para formar o seu equipo de ensoño.

No apartado deportivo terán que xestionar a canteira, fixaches, compra de material deportivo, desenrolo de novas tecnoloxías adicadas o remo e ampliación das instalacións do club. O xogo contará coas plantillas do ano 2013 de todos os equipos LGTA e LGTB incorporando a opción de realizar fixaches na ACT e ARC.

Un dos apartados esenciais da xestión dos equipos será a xestión da cantina de cada un dos clubs, influíndo a calidade do servizo e dos pinchos no estado de ánimo tanto dos socios como dos remeiros.

O xogo desenrolarase para as plataforma PC, PS4, Wii,  Android, Super Nitendo e Comodore e con el o Club do Mar pretende fomentar a participación no deporte do remo das novas xeracións.

Festa Pirata e IV Festa de Verán

Este presente mes de agosto ven cargado de eventos no Club do Mar:

  • Do 9 ó 10 de agosto, coincidindo coa Festa Pirata que se leva a cabo no peirao mugardés, realizaránse degustacións gastronómicas de cigalas, polbo a feira ou churrasco ó mediodía e a noite-tarde. A ración terá un prezo de 10€.
  • Sábado 10 as 17.30 horas realizarase unha regata de bateis para as categoría inferiores. Nela participarán os clubs de C.R. de Celeiro, C.R. San Felipe, C.R. Fontán-Sada, C.R. Mera, C.R. Narón, C.R. A Cabana, C.R. Cedeira, C.R. Perillo e o Club do Mar de Mugardos.

O día 17 de agosto celebrarase a IV Festa de Verán do Club do Mar, que contará cos seguintes actos:

  • Ruta de iniciación a BTT, para nenos a partir dos 6 anos e os seus pais. Para participar será imprescindible un bo manexo da bicicleta e o emprego de casco. A saída realizarase as 10.00 da maña diante do local do club e a ruta incluirá avituallamento e sorteo de agasallos. O prezo será de 3€ para os socios e de 5€ para o resto. A inscrición pode realizarse neste formulario, podendose comprobar a inscrición neste outro.
  • A partir das 13.00 horas comezarán as degustacións de polbo a feira ou navallas, incluíndo cachelo, pan e viño o prezo de 10€.
  • Durante a tarde estarán dispoñibles para os cativo xogos inchables e disputaranse os campionatos de futbolín e chave por parellas. As inscricións para estes campionatos poderán realizarse na cantina do club ata o día 16 as 20.00 horas.
  • Pola noite seguirá a festa co grupo musical H&C dende as 21.30 as 3.00 horas.

Presentación da “III Bandeira Reganosa”

Este martes 23 de xullo presentouse no salón de plenos do concello de Mugardos a “III Bandeira de Traíñas Reganosa” patrocinada por Reganosa e organizada polo Club do Mar de Mugardos e a Liga Galega de Traiñeiras.

Ó acto de presentación foi presidido por D. Carlos Vales (Director de Operacións de Reganosa), D. Xosé Barcia (Alcalde de Mugardos), Dª. Pilar Díaz (Responsable de Deportes) e D. Guillermo Pereira Coto (Presidente do Club do Mar de Mugardos).
O acto tamén acudiron representantes dos diferentes grupos políticos municipais.

Na regata, que se disputará o próximo domingo 28 de Xullo as 12.00 horas, competirán os oito equipos que conforman a Liga A da LGT: Chapela, Amegrove, Samertolomeu de Meira, Cabo da Cruz, Vilaxoán, A Cabana e C.R. Mecos. A regata percorrera unha distancia de 5556 metros divididos en 4 longos, dende o peirao de Mugardos ata o peirao carboeiro de Ferrol aproximadamente.

Ó rematar a regata as 13.30 horas, como ven sendo tradición, realizarase unha churrascada no Club do Mar para celebrar con tódolos socios e xiareiros esta nova edición da Bandeira do Club.

Documentación da III Bandeira Reganosa [PDF 4,9 MB]