O club vese obrigado a deixar as embarcacións na rúa

O temporal do pasado fin de semana, 20 de xaneiro, produciu multiples desprendementos no talude que se atopa o carón do paseo marítimo de Mugardos e por conseguinte xusto detrás do local do Club do Mar. A terra desprendida aínda non foi retirada (a día 27 de xaneiro) e o que é máis grave afectou o local anexo ó club, cedido por un dos socios, e que era empregado para gardar os bateis e remos do club.

Ante o perigo de derrube o Club do Mar vese obrigado a deixar as súas embarcación na rúa ata que se solucione a situación ou se atope un novo emprazamento para gardar o material de competición.

Resultados do Galego de Remoergómetro, Ferrol 2013

O pasado domingo, 20 de xaneiro, diputouse no poliderpotivo da Malata, en Ferrol, o “Campionato Galego de Remoergometro” no que o club do Mar participou nas categorías inferiores e en veteranos.
No campionato acadaronse podios nas categorías infantil feminino (Marica cun 3º posto) e en alevín feminino por equipos (Sara, Inés, Noa e Sara cun 2º posto).

Dende o club felicitamos unha vez máis os deportistas que participaron na proba polo seus estupendos resultados.

Os resultados foron os seguintes.

Alevín feminino:

  • 4 – Ines R.M.
  • 7 – Noa C.G.
  • 9 – Sara S.H.
  • 11 – Sara R.P.
  • 12 – Noa M.F.
  • 19 – Paola A.R.

Alevín masculino:

  • 10 – Brais T.P.
  • 13 – Raúl R.
  • 15 – Geremías M.

Infantil feminino:

  • 3 – Marica L.

Infantil masculino:

  • 15 – Francisco R.
  • 28 – David R.
  • 37 – Jesús R.
  • 47 – Alberto P.
  • 54 – Adrián F.
  • 64 -Iago R.

Cadete feminino:

  • 14 – Mercedes P.
  • 16 – Elizabeth V.
  • 17 – Leticia L.
  • 20 – Monica R.

Xuvenil feminino:

  • 11 – Andrea R.
  • 14 – Nerea V.
  • 20 – Menchu G.

Veterano masculino:

  • 10 – Roberto Vilariño

Alevín feminino por equipos:

  • 2 – Club do Mar de Mugardos

Alevín masculino por equipos
  • 5 – Club do Mar de Mugardos
Infantil feminino por equipos
  • 4 – Club do Mar de Mugardos
Infantil masculino por equipos
  • 6 – Club do Mar de Mugardos
Cadete feminino por equipos
  • 4 – Club do Mar de Mugardos
Xuvenil feminino por equipos
  • 4 – Club do Mar de Mugardos
Tempos do Camp. Galego de Ergómetro [Foro de Todoremo.com] : Equipos, Masculino e Feminino

Convenio con Ópticas Noroeste

O Club do Mar de Mugardos ven de firmar un convenio de patrocinio con Ópticas Noroeste mediante o cal os socios do Club do Mar de Mugardos se beneficiarán dun desconto dun 20% nos produtos de óptica, agás promocións e audífonos, así como de revisións e exploracións oculares gratuítas.
Para beneficiarse destas vantaxes os socios deberán solicitar unha tarxeta desconto, dispoñible nas instalacións do Club do Mar.
Ópticas Noroeste dispón de establecementos nas seguintes direccións:
  • FERROL: C/ Tierra , 26 Bajo. tf: 981 35 10 80
  • FERROL:  Ctra. Castilla,95   tf: 981 94 85 7
  • ARES: Avda Saavedra Meneses, 25  Tf: 981 46 86 27 
  • PERLIO: Avda. Marques de Figueroa, 51 Bajo A  Tf: 981 34 37 35 
  • CEDEIRA: Avda. Zumalacarregui, 1 Bajo Tf: 981 48 23 91.

Resultado da II Regata Cáritas en Vilaxoán

Hoxe, 13 de xaneiro, realizouse en Vilaxoán a “II Regata Cáritas” organizada polo C.R. Vilaxoán co obxectivo de recadar cartos para Cáritas.

Na regata participaron 18 traíñas, 17 masculinas e unha feminina, que puideron comprobar o seu estado de forma contra o resto de rivais de cara a nova temporada 2013. A destacar a participación das traíñas de Muros e Cabo da Cruz B, novas incorporacións a liga deste ano.

 
 
 

O percorrido de 5500 m de forma triangular partía do porto de Vilaxoán, viraba no múelle de Ferrazo e no illote de A Gorma para rematar no punto de partida.

E canto a resultados a S.D. Samertolomeu de Meira facíase co primeiro posto seguido moi de preto de Chapela e Cabo da Cruz, seguidos do resto de equipos a un ritmo un pouco máis baixo:

  1. Meira 16.12,23
  2. Chapela 16.14,20
  3. Cabo A 16.18,03
  4. Tirán A 16.25,97
  5. Amegrove A 16.40,62
  6. Chapela B 16.43,30
  7. Cabo B 16.44,11
  8. Tirán B 16.47,41
  9. C.M. Mugardos 16.51,76
  10. Vilaxoán 16.53,72
  11. Mecos 16.59,51
  12. Rianxo 17.02,82
  13. Muros 17.16,66
  14. Cesantes 17.19,86
  15. Coruxo 17.21,34
  16. Amegrove B 17.53,05
  17. Puebla 18.24,12
  18. Cabo (Tripulación Feminina) 18.56,16


Tempos e fotos [Todoremo.com]