Resultado da “XXIII Bandeira Deputación Da Coruña”

Hoxe, 15 de Agosto, celebrouse no campo de regatas da Pobra do Caramiñal a “XXIII Bandeira Deputación da Coruña”. Na proba deportiva participaron os clubs da provincia da Coruña que compiten tanto na LGT-A como na LGT-B.

O día presentouse nubrado con algún chuvasco ocasional e vento do sudoeste que facía incomoda a remada pero non producía desigualdades nos carreiros do campo de regatas.

Na primeira tanda, composta polos clubs da LGT-B, impúxose Perillo con claridade entrando a 20 segundos de Puebla e entrando xa a case un minuto Esteirana e Rianxo.

Na segunda tanda destacáronse desde o comezo Cabo e Mugardos seguidos duns igualadísimos Ares e A Cabana que marcaron practicamente o mesmo tempo en todas a viradas. Finalmente facíase coa tanda Cabo seguido de Mugardos a 12 segundos. A pugna entre Ares e A Cabana resolvíase a favor da Cabana por 35 centésimas na liña de meta.

 

 

 

 

 Na clasificación final ningún dos equipos da LGT-B conseguiu superar os tempos da segunda tanda quedando a clasificación da seguinte forma:

  1. C.R. Cabo da Cruz
  2. C.M. Mugardos
  3. C.R. A Cabana
  4. C.R. Ares
  5. C.R. Perillo
  6. C.R. Puebla
  7. A.D. Esteirana
  8. C.R. Rianxo

A destacar a gran progresión da traíña mugardesa nas últimas semanas que lle está levar a conseguir os mellores resultados da tempada.

Tempos [todoremo.com]

“Las traineras de A Cabana, Ares, Mugardos y San Felipe, en A Pobra” La Voz de Galicia [14/08/2012]
“Mugardos logró la segunda plaza en aguas de A Pobra” Diario de Ferrol [16/08/2012]

 

Resultado “XI Bandeira Teresa Herrera”

Os pasados días 11 e 12 de Agosto, sábado e domingo, disputouse en Coruña na praia do Orzán a Bandeira de traíñas “Teresa Herrera” unha das máis prestixiosas do calendario galego. O sábado remouse a clasificatoria, sendo esta regata puntuable para as dúas ligas, mentras que o domingo remouse a final na que participaron as 10 mellores traíñas do día anterior e no que o tempo final constituía a suma do tempo dos dous días.

  • Clasificatoria: gran actuación de Mugardos que acadaba a cuarta posición no seu mellor resultado da tempada. Destacando a gran labor do patrón da Bestarruza, Roberto Fernández, que conseguía levar a traíña empopando as olas do Orzán gran parte da regata. Este cuarto posto conseguía desfacer o empate entre A Cabana e Mugardos e acadar unha vantaxe de catro puntos sobre a traíña ferrolá. Na parte alta da táboa Samertolomeu de Meira daba a sorpresa e se impoñía a Amegrove e a Chapela.
  • Final: na regata do domingo Mugardos remataba na sexta praza por encima de Ares, Mecos, Perillo e A Cabana. A Bandeira iba parar a Amegrove que conseguía recuperar os case 5 segundos de vantaxe de Samertolomeu.


“Traíñas en xogo” este fin de semana coa participación de José Manuel Peláez “Pendo” entreador de Mugardos.

“Mugardos termina cuarto y escala hasta los puestos de salvación ” Diario de Ferrol [12/08/2012]

“Sexto, séptimo y décimo lugar para Mugardos, Ares y A Cabana en el Orzán ” Diario de Ferrol [13/08/2012]

“Golpe de autoridad de Amegrove, que se lleva la Teresa Herrera” La Voz de Galicia [13/08/2012]

III Festa de Verán do Club do Mar

O vindeiro sábado 18 de Agosto levarase a cabo a “III Festa de Verán” do Club do Mar de Mugardos na que se realizarán actividades durante todo o día.
A xornada comezará coa “III Ruta de Verán” de BTT organizada pola nosa sección de ciclismo, os Pulpeiros BTT. Esta é unha ruta de introdución a bicicleta de montaña orientada para os nenos e familias, cunha dificultade media baixa. Nela poderán participar nenos a partir dos 5 anos; pero que posúan un bo manexo da bicicleta. A saída efectuarase dende o Club do Mar as 10.00 horas. O percorrido consta dun avituallamento a metade de camiño para repoñer forzas e sortearanse agasallos ó final da ruta .
En calquera caso, pensando nos máis pequenos para que tamén poidan participar na actividade, ó regresar da ruta principal farase unha minirruta que partirá diante da pista polideportiva das Casas Baratas, entorno as 12.45 horas, para dar unha volta polo pobo.

Os prezos serán os seguintes:

  • 2€ socios.
  • 5€ non socios.
  • De balde, os cativos que fagan a minirruta.

Para realizar calquera das rutas e obrigatorio o emprego de casco, sen él non será posible a participación.

As inscricións para a ruta poderán realizarse no seguinte formulario, no Decathlon de Ferrol (onde se sortearán vales desconto entre os alí inscritos) ou na cantina do Club do Mar.


III Ruta de Verán

A partir das 12.00, diante do local social do club do Mar, comezará a venta de tickets para as degustación comezando as degustacións de polbo a feira e de navallas a prancha a partir das 13.00 nas carpas situadas diante do club. Nelas se poderá disfrutar de polbo, cachelo, pan e viño por 10€ e da ración de navallas a 8€.

Pulpo a la gallega - jlastras Navajas - by onnoth

Para amenizar a sobremesa teremos a actuación de grupos musicais en directo e os máis pequenos poderán xogar nas atraccións inchables.
Actuarán:

  • 13.00 – Vai Rañala Meu (Música Tavernaria)
  • 19.30 – Os Dous de Sempre + Un

A primeira hora da tarde comezarán os xogos populares, como a cucaña e a corda, para rematar a festa cunha regata de bateis na que participarán as escolas de remo de verán dos clubs da zona.