Presentación da LGT 2012

Este sábado, 8 de Xuño, celebrouse en Sanxenxo a presentación da LGT para este ano 2012. O acto organizado polo Club de Remo Amegrove e o Concello de Sanxenxo realizouse na Praza do Mar da vila aínda que este veuse moi deslucido pola continua choiva que caeu durante toda a tarde de forma case ininterrompida.

Moitas das traíñas que tiñan planificado entrear en Sanxenxo cambiaron de idea ante o complicado estado do mar e so unhas poucas se atreveron a mollar as embarcacións.
O acto comezou as 20.00 horas coa actuación da escola de baile Cantodorxo o que seguiu o monologuista “Manolo o do Atleti” para dar paso a presentación da liga. O acto foi presentado por Terio Carrera e nel participaron a alcaldesa de Sanxenxo Catalina González, o Presidente da LGT Diego Portela e o Secretario Xeral para o Deporte José Ramón Lete Lasa entre outros.

A principal novidade da liga de este ano e a división da competición en dúas ligas, na que o Club do Mar de Mugardos despois de clasificarse na regata clasificatoria do pasado 6 de Abril remará na liga A.

 

La Voz de Galicia “La Liga alza el telón en Sanxenxo” [09/06/2012]

 

Acto de entrega do “1º premio Estudo e Deporte”

O 21 de xuño as 18.00 horas realizarase no IES Mugardos o acto de entrega do 1º premio “Estudo e Deporte”, galardón co que se pretende premiar os alumnos con mellor desenvolvento tanto académico como deportivo e social.

Na primeira parte do acto homenaxarase ás directivas dos clubes deportivos mugardeses, intervindo representantes do Club do Mar de Mugardos e do SDC Galicia de Mugardos.

Na segunda parte do acto farase entrega dos premios “Estudo e Deporte” ós alumnos do IES de Mugardos galardonados.

Máis información: I Premio Estudo e Deporte