13 may. 2012

Ruta BTT EDR 2012

O próximo 1 de Xullo realizarase a ruta Entre Dúas Rías de este ano, na que o "O club do Mar - Pulpeiros BTT" repite na organización. Esta é a sexta edición da popular ruta que percorre os municipios de Ares e Mugardos, a cal xa se consagrou como un dos principais eventos deportivos da zona.
A EDR encóntrase incluída no calendario de BTT da Federación Galega de Ciclismo con tódolas vantaxes que isto supón para os participantes. A ruta percorrerá uns 50 Km entre os dous municipios recorrendo paraxes únicos de as rías de Ferrol e a de Ares.
Ó final da ruta realizarase unha comida con tódolos participantes e o sorteo de premios por parte dos patrocinadores do evento.
A inscrición, limitada a 300 participantes, poderá levarse a cabo neste formulario.
O prezo da inscrición será de 15 € para os ciclistas federados e 27 € para os non federados incluíndo seguro e comida.

Track da EDR 2012 [descargar]


Os participantes poden comprobar o estado da súa inscrición aquí.

Como chegar o Pavillón Deportivo de Ares (punto saída da ruta) desde a saída da AP-9.