27 ene. 2012

Convocatoria de xunta xeral o día 12 de febreiro de 2012


Club do Mar de Mugardos
R/Cantón de Cora Nº16
15620 Mugardos (A Coruña)
TLF. E FAX: 981 470170

CONVOCATORIA DE XUNTA XERAL ORDINARIA DE SOCIOS/AS



De conformidad co acordo da Xunta Directiva celebrada o pasado 20 de xaneiro de 2012, convócase Xunta Xeral Ordinaria de Socios/as do CLUB DO MAR DE MUGARDOS, para a súa celebración en Mugardos, na Cantina do Club do Mar, situado na Rúa Cantón de Cora, Núm. 16, O VINDEIRO 12 DE FEBREIRO DE 2012 ás 11.00 horas, en primeira convocatoria; e ás 11.30 horas en segunda convocatoriae, co gallo de deliberar e, no seu, adoptar acordos sobre os asuntos incluidos na seguinte 



ORDE DO DÍA 


  1. Lectura e aprobación da acta anterior, se procede.
  2. Informe deportivo e de actividades do ano 2011.
  3. Informe económico do ano 2011.
  4. Situación actual do club e proxectos para a tempada 2012.
  5. Aprobación de pago das cuotas de socio trimestralmente.
  6. Rogos e preguntas.

Mugardos, a 23 de xaneiro de 2012.
O PRESIDENTE

Asdo. Don Guillermo Pereira Coto

Actulización:


Memoria 2011 / Proxecto 2012

17 ene. 2012

Resultados do "Campionato Galego de Remoergómetro 2012"

O pasado domingo 15 de Xaneiro realizouse na Pavillón da Malata en Ferrol o "Campionato Galego de Remoergómetro 2012" no que participaron os rapaces pertencentes as categorías inferiores do Club do Mar. A destacar os bos resultados obtidos na competición por equipos acadando a medalla de ouro en infantil femenino e o bronce en alevín masculino. Dende o Club do Mar aproveitamos para felicitar a tódolos deportistas que participaron no campionato.
Os resultados dos participantes do Club do Mar foron os seguintes:

  • Alevín Masculino:
    • Jesús Rodríguez Posto: 7 Tempo: 2:11.2
    • Jeremías Martínez Posto: 17 Tempo: 2:25.7
    • Braís Tuñas Posto: 21 Tempo: 2:28.4
  • Alevín Femenino:
    • Sara Vázquez Posto: 11 Tempo: 2:28.1
    • Inés Romero Posto: 13 Tempo: 2:31.0
    • Noa Canido Posto: 15 Tempo: 2:35.5
    • Noa Martínez Posto: 17 Tempo: 2:42.2
    • Sara Romero Posto: 19 Tempo: 2:53.2
    • Paola Alonso Posto: 23 Tempo: 3:38.3
  • Infantil Masculino:
    • Alejandro Pérez Posto: 25 Tempo: 4:03.6

  • Infantil Femenino
    • Marica López Posto: 4 Tempo: 4:10.6
    • Antía Castro Posto: 6 Tempo: 4:15.7
    • Lupa Pérez Posto: 12 Tempo: 4:40.3
    • Vanessa Cabana Posto: 14 Tempo: 5:00.1
  • Cadete Masculino
    • Alberto Alonso Posto: 33 Tempo: 5:49.9
  • Cadete Femenino
    • Laura Fernández Posto: 11 Tempo: 6:34.3
    • Leticia López Posto: 18 Tempo: 7:12.6
  • Alevín Femenino por Equipos
    • 1º CR TUI TUI 1:55.9
    • 2º   CR ARES ARES 2:13.5
    • 3º   CABANA FERROL 2:24.4
    • 4º   CM MUGARDOS MUGARDOS 2:30.4
  • Infantil Femenino por Equipos
    • 1º   CM MUGARDOS MUGARDOS 3:46.6
    • 2º   CR CABANA FERROL 3:54.5
    • 3º   CR NARON NARON 3:57.1
    • 4º   CR MARIN MARIN 4:31.9
  • Alevín Masculino por Equipos
    • 1º   CABANA FERROL 1:58.2
    • 2º   CR ARES ARES 2:00.1
    • 3º   CM MUGARDOS MUGARDOS 2:11.0
    • 4º   SAN FELIPE FERROL 2:11.1

"Ferrolterra sumó casi treinta medallas en el Autonómico celebrado en A Malata" Diario de Ferrol [17/01/2012]
Tempos de tódolos participantes Foro de Tododoremo.com Pax.1 Pax.2 Pax.3

16 ene. 2012

Galería Fotográfica da II BiciGymkana Infantil

Galería fotográfica da "II Bici-Gymkana Infantil" organizada polo Club do Mar - Pulpeiros BTT o 14 de Xaneiro no Pavillón do Cristo. Enlace a galería completa.




Diario de Ferrol [15/01/2012]

5 ene. 2012

II Bici-Gymkana Infantil do Club do Mar

O vindeiro día sábado 14 de Xaneiro levarase a cabo a "II Bici-Gymkana Infantil" organizada pola sección de ciclismo do Club do Mar de Mugardos, os Pulpeiros BTT. O acto realizarase no Pavillón Municipal do Cristo as 17.00 horas.

  • O evento está destinado a nenos de 5 a 13 anos e constará de diferentes circuitos, probas e niveis. 
  • É necesario un nivel aceptable de control da bicicleta.
  • Para a participación en dito evento é necesario que os participantes leven bicicleta e mais casco. 
  • A actividade será completamente de balde para todo os partipantes.
  • Ó final do evento sortearase diverso material deportivo cedido por Ciclos-Roca e unha magnífica bicicleta de BTT por parte do Club do Mar.
A inscripción realizarase no seguinte formulario web ou na cantina do Club do Mar. O prazo de inscrición remata o venres 13 de Xaneiro as 14.00 horas 21.00 horas.

Para resolver calqueira duda se pode contactar co club no seu teléfono 981 470 170 ou ben no email .






Imáxenes do evento do ano anterior.