Praga de termes ameaza as embarcacións do Club do Mar


[Actualización 29/12/2011]
Evidentemente o asunto das termes era unha inocentada e o Club do Mar participará na vindeira temporada sen ningún problema de insectos nas súas embarcacións.


Unha praga de termes foráneas está atacando as embarcación do Club do Mar poñendo en serio perigo a participación na próxima temporada deportiva. Estas termes (Cryptotermes Carbonensis) de orixe asiático aniñaron no interior do casco das embarcacións de remo alimentándose da fibra de carbono e da celulosa do panal de abella situado entre as capas de fibra. Esta clase de terme fai unha mistura coa celulosa e a fibra de carbono (carbón no seu entorno natural) na que cultivan os fungos dos que se alimentan.

O SEPRONA baralla a posibilidade de que estes insectos fosen introducidos ilegalmente no país como mascotas, pois a súa introdución esta prohibida debido a súa acción daniña sobre a fibra de carbono; atacando principalmente coches deportivos, avións e embarcación de competición. Estes insectos son moi cotizados no mercado negro de animais exóticos debido a súa docilidade e fermoso canto.

A situación e crítica para o club pois estes insectos están a comerse as embarcación desde dentro e tememos que no transcurso de escasos meses estas encóntrense inservibles para a competición. Entre as medidas temporais dispostas polo club atópase a creación de turnos de remeiros que se encargan de vixiar os botes as 24 horas co insecticida preparado para acabar con calquera terme que apareza nos arredores das embarcacións.


Danos causados nunha das embarcaións polas termes

A sección de ciclismo do Club do Mar – Pulpeiros BTT de momento non reportou ningún caso de infestación destes insectos, pese que hoxe en día a fibra de carbono emprégase cada vez máis nas bicicletas co gallo de facelas máis lixeiras. A pesar de todo dende o club pídeselles a tódolos membros da sección que fumiguen as partes de fibra de carbono das súas bicicletas antes de achegarse polo local social do club.

Lotería de nadal 2011

No sorteo do 22 de Decembro o número do Club do Mar de Mugardos, o 67727 resultou premiado con 100€ ó décimo, 5€ por euro xogado.
Os posuidores de participacións vendidas polo Club poderán facer efectivo este premio na sucursal de Nova Galicia Banco (anterior Caixa Galicia) de Mugardos a partir do final da próxima semana, pois é necesario agardar a publicación das listas definitivas de premios e o ingreso por parte de Loterías del Estado.

Aproveitamos para desexar felices festas a tódolos socios e seguidores do Club do Mar.

Resultados do descenso de Ares 18-12-2011

Esta mañá realizouse en Ares un descenso de traíñas ó que acudiron os botes da zona:

 
  • Ares B
  • Perillo B
  • Mugardos
  • Ares
  • A Cabana
  • Perillo-Salgado

Este tipo de regatas permiten ir confrontando os resultados dos entrenamentos contra outros equipos a vez que alivian a monotonía dos entrenamentos. As condicións foron as idóneas no mar sen apenas ola e vento moi frouxo.

A mañá alternou abundantes claros con chuvias fleves e temperaturas entorno os 10 grados.
Os resultados foron os seguintes:

 

Posición
Traíña
Tempo
A Cabana
22,59
Perillo
23,21
Perillo B
23,21
Mugardos
23,25
Ares
23,39
Ares B
23,46

 

Resultados do provincial de ergómetro de Ferrol 2011

O pasado Domingo 11 de Decembro de 2011 celebrouse na Malata (Ferrol) o Campionato “Provincial de Remoergómetro” no que participou o Club do Mar de Mugardos. O club competiu nas categorías alevín feminino, infantil feminino e cadete masculino obtendo moi bos resultados en todas as categorías, polo que felicitamos ós deportistas participantes.
Os resultados foron os seguintes:

  • Alevín feminino.
    • 2º Posto, Marica.
    • 5º Posto, Lupa.
  • Infantil feminino.
    • 1º Posto, Antia.
    • 3º Posto, Mónica.
    • 4º Posto, Leticia.
  • Cadete masculino
    • 14º Posto, Alberto.

 

  • Alevin feminino por equipos.
    • 3º Posto, Club do Mar de Mugardos.

 

 

Prensa “La Voz de Galicia” 12/12/2011
Prensa “Diario de Ferrol” 13/12/2011
Resultados “Todoremo.com”