I Bandeira Reganosa

Mañá, día 23 de Xullo, celebrarase en Mugardos a “I Bandeira Reganosa de Traíñas” pertencente a “Liga Galega de Traiñeiras”. A bandeira organizada polo Club do Mar de Mugardos e a LGT está patrocinada por Reganosa e foi presentada onte, día 22 de Xullo, no concello ante os medios de comunicación.

Efectuaron a presentación o presidente do Club do Mar, D. Guillermo Pereira, o Director de Operacións de Reganosa, D. Carlos Vales e o alcalde da vila D. Xosé Fernández Barcia.

Na regata compiten as catorce traíñas que disputan a Liga e poderá verse dende as 19.00 h. dende o peirao do pobo.
O campo de regata para a proba, composto de 4 longos de 1389 metros, parte do extremo do peirao e atravesa a ría cara o porto do carbón en Ferrol.

Ver I Bandeira Reganosa no mapa

Despois da regata as 20.30 comezará na carpa situada diante do Club do Mar a “Festa da Traíña”, na que se poderá disfrutar de mexillóns, empanada, viño e moita música. A consumición será de balde para os socios e a 3€ para o resto da xente.

La Voz de Galicia 22/07/2011 “La primera bandera Reganosa devuelve las traineras a Mugardos”
Diario de Ferrol 22/07/2011 “Mugardos, primera parada de la liga gallega de traineras en Ferrolterra”

[Actualización 24/07/2011]

Diario de Ferrol 24/07/2011 “La rotura del tren de balizaje impidió que se disputase la Bandera Reganosa”
Diario de Arousa 24/07/2011 “Suspenden la regata en Ferrol después de que una lancha arrollase el tren de balizaje “
La Voz de Galicia 24/07/2011 “Suspenden la regata de traineras de Mugardos al soltarse una baliza”

Campionato de España de Remo Olímpico

Boa actuación das remeiras alevíns do Club do Mar no pasado “Campionato de España de Remo Olímpico” realizado os días 8-10 de Xullo en Castrelo de Miño Ourense. Neste campionato participaron 74 clubs de toda España presentándose 410 embarcacións a competición.
Representando ó Club participaron Marica López na categoría alevín feminino e Mónica Rodríguez en infantil feminino acadando excelentes resultados a dúas no skiff, embarcación na que competían.
Mónica acadou a final B mentres que Marica lograba pasar a a final do campionato logrando finalmente o quinto posto na súa categoría.
Dende o Club do Mar gustaríanos felicitar as dúas polo resultado obtido froito do duro traballo realizado esta tempada.

Medallero Cto. España A, I, C y Adap. [Federación Española de Remo]

Bandeiras de Portonovo e Muros

O fin de semana pasado leváronse a cabo a segunda e a terceira regata da LGT a “I Bª Cofradía de Pescadores de San Roque Portonovo” e a “VI Bandeira Concello de Muros” os días 2 e 3 de Xullo respectivamente.
As dúas bandeiras víronse marcadas polo bo tempo con días calurosos e soleados e cun mar en perfecto estado para regatear. A presencia de público foi boa en ámbalas dúas regatas aínda que bastante maior na de Portonovo o tratarse dunha vila cun forte tirón turístico na época estival. Debido as altas temperaturas moitos bañistas puideron seguir as regatas dende as praias próximas mentras disfrutaban dun baño.

 

 

No eido deportivo Amegrove impúxose con autoridade nas dúas regatas afianzándose na posesión do mallot amarelo que distingue o primeiro clasificado na liga. A tres puntos os segue a traíña de Chapela que repetiron segundo posto nas dúas regatas.

 

 

Na parte baixa da clasificación Ares, Rianxo e Puebla empatan a 11 puntos seguidos por Esteirana con 9 e Mugardos con 3.

 

 

Resultados da Bandeira de Portonovo “LGT”
Resultados da Bandeira de Muros “LGT”

Vídeo : Breve resumo da Bandeira de Muros “TVG”

Galería Fotográfica da Bandeira de Portonovo

Galería Fotográfica  Bandeira de Muros