Xunta xeral do día 27/03/11

O pasado día 27 de marzo levouse a cabo a xunta xeral ordinaria do Club do Mar de Mugardos tal como se anunciara os socios. Á xunta celebrada na cantina do club acudiron un gran número de socios.
Seguindo a orde do día se discutiron os puntos preestablecidos:

  • Informe sobre a xestión do ano anterior.
  • Contas xerais e orzamentos.
  • Aceptouse por unanimidade a suba da cota, a cal pasa de de 2 a 3 euros mensuais.
  • Proxecto da sociedade para o ano 2011, sendo este punto o que acaparou máis atención por parte dos socios. Colleitando o maior número de preguntas a inquietude polas instalación do club e as opcións de mellora de estas.
  • Preguntas e suxestións.

Convocatoria de xunta xeral o día 27 de marzo de 2011

Club do Mar de Mugardos
R/Cantón de Cora Nº16
15620 Mugardos (A Coruña)
TLF. E FAX: 981 470170
CONVOCATORIA DE XUNTA XERAL ORDINARIA DE SOCIOS/AS

De conformidad cos estatutos desta sociedade e por acordo da Xunta Directiva celebrada o pasado 25 de febreiro de 2011, convócase a xunta xeral ordinaria de socios/as do Club do Mar de Mugardos para a súa celebración en Mugardos, na cantina do Club do Mar sita na rúa Cantón de Cora nº 16, O DOMINGO 27 DE MARZO DE 2011 as 11.00 horas en primeira convocatoria e ás 11.30 horas en segunda convocatoria, no caso de non obterse quorum suficiente; co gallo de deliberar e no seu caso adoptar acordos sobre os asuntos incluido na seguinte

ORDE DO DÍA 

  1. Infome/balance da Xunta Directiva sobre a xestión no ano 2010.

  2. Contas xerais e orzamentos presentados.
3.  Proposta de incremento da cota de socio/a.


4.  Proxecto da sociedade para o ano 2011.


5.  Preguntas e suxestións.

Mugardos, a 7 de marzo de 2011.
O PRESIDENTE

Asdo. Don Guillermo Pereira Coto
NOTA IMPORTANTE: Está a disposición de tódolos socios/as na cantina e na oficina do Club a documentación da asemblea no que se refire á memoria de actividades desenvoltas no ano 2010 así como o proxecto da sociedade para o ano 2011, que dado a súa extensión non adxuntamos. O día da xunta tamén poremos a citada documentación a disposición dos socios/as asistentes.

Regata de bateis de Rianxo

Nova regata de liguiña de bateis en Rianxo celebrada o día 12 de marzo. Regata con gran participación de equipos, uns vinte na categoría senior soamente, o que fixo que a regata se disputase ata case as oito da tarde. Foi un día chuvioso con pouco vento polo que non existía moita diferencia nas rúas do campo de regatas.

 

Os resultado do Club do Mar foron bastante parellos os das anteriores regatas, confirmándose a subida das féminas promesas a tanda de honra:

PROMESAS FEMENINO: DISTANCIA 1000 METROS

Posición
Club
1
C.R. Ares
2
AD. Esteirana
3
C.R. Cabo da Cruz
4
C.R. A Cabana
5
C.M. Mugardos

INFANTIL MASCULINO: DISTANCIA 1000 METROS

Posición
Club
1
C.R. Ares
2
C.R. Rianxo
3
AD. Esteirana
4
C.R. Cabo da Cruz
5
C.R. A Cabana
6
C.M. Mugardos

SENIOR MASCULINO: DISTANCIA 2000 METROS

Posición
Club
1
C.R. Cabo da Cruz
2
C.R. Ares
3
C.R. A Cabana B
4
C.R. Perillo
5
C.R. A Cabana
6
C.M. Mugardos
7
C.R. Puebla
8
C.R Náutico do Caramiñal
9
C.R. Rianxo
10
A.D. Esteirana
11
C.R. Noia
12
C.R. Mera
13
C.R. Muros B
14
C.R. As Xubias
15
C.R. Ares B
16
C.R. Rianxo B
17
C.R. Muros
18
C.R. Rianxo B
19
A.D. Esteirana B
20
C.R. Narón

 

Mención especial para os socios do club que baixaron a recibir os remeiros disfrazados de equipo de remo do Club do Mar aproveitando a coincidencia co baile de disfraces no pobo. Un disfraz moi completo no que se incluía todo o necesario para a regata: remeiros, batel “Amilibia”, remos e incluso baliza para facer as ciabogas.

 


Tempos “Todoremo.com”
Prensa: “La Voz de Galicia” 14/03/11

Vídeo da regata

Regata de bateis de Narón

Novo fin de semana e nova regata no calendario, este sábado 5 de marzo realizouse en Narón o XIII Trofeo Cidade Narón. No campo de regatas notouse que xa estamos en época de entroido polo que puido verse nas embarcación e entre o abundante público algún accesario propio destas festas.

O día presentouse con intervalos de nubes e claros e un vento bastante molesto que conforme avanzou o día foi dando paso a ceos máis depexados e vento máis frouxo. O campo de regatas de seis rúas estivo marcado pola diferencia entre as rúas interiores con pouco fondo e as exteriores con algo máis de corrente pero aínda así máis rápidas.


Ver Campo regatas Narón 2011 en un mapa más grande

Na regata participaron os seguintes clubes:

  • C.R. Rianxo
  • C.M. Mugardos
  • C.R. A Cabana
  • A.D. Esteirana Remo
  • C.R. Ares
  • C.D.M. de Mera
  • C.R. Cabo da Cruz
  • C.R. Salgado-Perillo
  • S.D. As Xubias
  • C.R. Narón
  • Marítimo de Ferrol
  • C.R. San Felipe
  • C.R. Cedeira

Esperábase a participación dos asturianos de Luanco que o final non compareceron polo que a última quenda de seniors contou con catro participantes.

Boa actuación das tripulación do Club do Mar en xeral: Os senior impuxeronse na sua quenda pola boia de fora cun tempo de 9.52 e quedaron sextos na xeral a 29 segundos dun recen aparecido Cedeira que non tivo problemas para marcar o mellor tempo da regata na sua reaparición.

SENIOR MASCULINO: DISTANCIA 2000 METROS

Posición
Club
1
C.R. Cedeira
2
C.R. A Cabana
3
C.R. Ares
4
C.R. A Cabana B
5
C.R. Rianxo
6
C.M. Mugardos
7
C.R. Narón
8
C.R. Ares B
9
S.D. As Xubias
10
C.R. Rianxo B
11
C.D. Mariñeiro de Mera
12
S.D. As Xubias
13
C.R. San Felipe

Os infatís masculinos remataron terceiros a sua tanda e foron oitavos na xeral.

INFANTIL MASCULINO: DISTANCIA 1000 METROS

Posición
Club
1
C.R. Ares
2
C.R. Rianxo
3
S.D. Esteirana
4
C.R. A Cabana
5
C.R. Cabo da Cruz
6
C.R. Salgado-Perillo
7
C.R. A Cabana B
8
C.M. Mugardos
9
S.D. As Xubias
10
C.R. Ares B

 Meritoria actuación das promesas féminas que quedaron segundas na sua quenda, gran resultado tendo en conta que duas delas todabía son alevíns, rematando sextas na xeral.

PROMESAS FEMENINO: DISTANCIA 1000 METROS

Posición
Club
1
C.R. Ares
2
S.D. Esteirana
3
C.R. Ares B
4
C.R. Cabo da Cruz
5
C.R. A Cabana
6
C.M. Mugardos
7
C.R. Cabo da Cruz B
8
C.R. Rianxo
9
C.R. Rianxo B

 


Tempos “Esteiranaremo.com”
Prensa: “La Voz de Galicia” 07/03/11