Festa Pirata e IV Festa de Verán

Este presente mes de agosto ven cargado de eventos no Club do Mar:

  • Do 9 ó 10 de agosto, coincidindo coa Festa Pirata que se leva a cabo no peirao mugardés, realizaránse degustacións gastronómicas de cigalas, polbo a feira ou churrasco ó mediodía e a noite-tarde. A ración terá un prezo de 10€.
  • Sábado 10 as 17.30 horas realizarase unha regata de bateis para as categoría inferiores. Nela participarán os clubs de C.R. de Celeiro, C.R. San Felipe, C.R. Fontán-Sada, C.R. Mera, C.R. Narón, C.R. A Cabana, C.R. Cedeira, C.R. Perillo e o Club do Mar de Mugardos.

O día 17 de agosto celebrarase a IV Festa de Verán do Club do Mar, que contará cos seguintes actos:

  • Ruta de iniciación a BTT, para nenos a partir dos 6 anos e os seus pais. Para participar será imprescindible un bo manexo da bicicleta e o emprego de casco. A saída realizarase as 10.00 da maña diante do local do club e a ruta incluirá avituallamento e sorteo de agasallos. O prezo será de 3€ para os socios e de 5€ para o resto. A inscrición pode realizarse neste formulario, podendose comprobar a inscrición neste outro.
  • A partir das 13.00 horas comezarán as degustacións de polbo a feira ou navallas, incluíndo cachelo, pan e viño o prezo de 10€.
  • Durante a tarde estarán dispoñibles para os cativo xogos inchables e disputaranse os campionatos de futbolín e chave por parellas. As inscricións para estes campionatos poderán realizarse na cantina do club ata o día 16 as 20.00 horas.
  • Pola noite seguirá a festa co grupo musical H&C dende as 21.30 as 3.00 horas.