II Premio Estudo e Deporte

É unha iniciativa do IES Mugardos en colaboración co Concello de Mugardos, o Club do Mar de Mugardos, a SDC Galicia de Mugardos e a ANPA O Castro para premiar aos estudantes do centro que mellor se desenvolven nos aspectos social, deportivo e académico.
Trátase poñer en valor aos xoves con habilidades sociais capaces de organizarse e de programar o seu tempo con eficacia para render positivamente nos estudos e na actividade física.

OBXECTIVOS

  • Premiar e valorar o esforzo dos estudantes-deportistas do IES Mugardos.
  • Potenciar as actividades deportivas.
  • Mellorar o rendemento escolar.
  • Incentivar valores sociais, deportivos e académicos.
  • Integrar os ámbitos escolar e deportivo. 


PARTICIPANTES

Alumnado do IES de Mugardos que practica deportes ou actividades deportivas ou actividades físicas regulamentadas, individuais ou colectivas, coa supervisión dun adestrador ou adestradora.

Será necesario que a entidade deportiva na que o alumna ou alumna  desenvolva a súa actividade, estea disposta a participar nesta iniciativa.

PREMIOS

  • Haberá dous premios -feminino e masculino- por categoría. En caso de empate decide á maior puntuación no rendemento académico.
  • Os premios consistirán en diploma, trofeo e dotación económica e vale para uso do complexo acuático O Castro durante un mes. 
  • Os premios entregaranse no acto cultural de remate do curso 2012-2013 no IES Mugardos.

Resultados no “Rias Baixas Bike Race”

Este pasado fin de semana (do 29 a 31 de Marzo) disputouse o “Rias Baixas Bike Race” tres duros dias de competición con 169 km de percorrido, proba pertencente o Campionato Galego de BTT, na que o Club do Mar rematou sétimo na clasificación xeral por equipos.

As clasificacións individuais foron as seguintes:

  • Guillermo Filgueiras 33  na xeral, 13 na categoría Elite.
  • Fermín Leira 36  na xeral, 14 na categoría Master 30.
  • Yago Seijo 63  na xeral, 29 na categoría Master 30.

Con participación na carreira de Tomiño:

  • Roberto Leira 129 na xeral, 26 na categoría Master 40.
  • Dani Galdo 130 na xeneral, 27 en categoría Master 40.

Diario de Ferrol “Pulpeiros y CC As Pontes, en la Bikerace Rías Baixas” [01/04/2013]