Segundo o acordo acadado na Xunta Xeral Ordinaria de Socio do pasado 4 de febreiro a partir do próximo trimestre comezará a cobrarse as cotas actualizadas de socios que pasan a ser de 4€ mensuais.
A si mesmo comezará a cobrarse unha cota ós socios que desexen empregar a sala de fitness do club. Esta nova cota será de 10€ mensuais e deberá ser domiciliada bancariamente mediante o seguinte formulario de adeudo SEPA.
Os socios que estaban a empregar a sala de fitness, dispoñen do presente mes de marzo para cubrir o novo formulario indicando o seu número de chave (o número gravado fisicamente na chave de acceso). Ó comezar o mes de abril deshabilitaranse todas as chaves que non estén asociadas ó correspondente adeudo bancario.
Recorda podes seguir as novas do club na nosa canle de WhatsApp
Resumo novas cotas:
O deputado responsable da área de Deportes, Antonio Leira, xunto co alcalde de Mugardos, Juan Domingo de Deus, e membros da corporación municipal, visitou o Club do Mar de Mugardos, onde se interesou polo funcionamento da entidade e as súas necesidades de cara a ao futuro.
https://www.dacoruna.gal/novas/ficha-noticia-reducida?id_evento=23355
O Club do Mar de Mugardos é unha das máis de 600 entidades que a Deputación apoia a través das súas liñas de axudas para o deporte. En concreto, a institución provincial concedeulles máis de 17.000 € nos últimos dous anos para investimentos en novas embarcacións, remos, unha zodiac a motor, así como material de adestramento e competición. Ademáis, Leira anunciou que a entidade é unha das beneficiarias das furgonetas que a Deputación financia para clubs coma este, que precisan desprazar material e un número importante de deportistas para as súas competicións.
Leira gabou o importante traballo que desenvolve o Club do Mar de Mugardos e destacou o apoio da Deputación as deporte do remo e ao deporte de base na provincia. Un apoio que se plasma en programas como o de contratación de técnicos deportivos nos concellos, que beneficiará a 67 municipios coruñeses este ano, entre eles Mugardos, cun investimento de 904.000 euros.
O deputado sinalou que se trata dun programa que “contribúe de maneira directa á xeración de 67 empregos noutros tantos municipios da provincia” e, ademais, “facilita a realización de programacións deportivas con actividades variadas e estables, promovendo a práctica do deporte e a actividade física entre os veciños e veciñas de todas as idades nos concellos da provincia”.
]]>CONVOCATORIA DE XUNTA XERAL ORDINARIA DE SOCIOS/AS
De conformidade co acordo da Xunta Directiva celebrada o pasado 12 de xaneiro de 2024, convócase Xunta Xeral Ordinaria de Socios/as do CLUB DO MAR DE MUGARDOS, para a súa celebración en Mugardos, no local social do Club do Mar, situado na Rúa Cantón de Cora, Núm. 16, O VINDEIRO 4 DE FEBREIRO DE 2024 ás 11.00 horas, en primeira convocatoria; e ás 11.30 horas en segunda convocatoria, co gallo de deliberar e, no seu caso, adoptar acordos sobre os asuntos incluídos na seguinte:
ORDE DO DÍA
CONVOCATORIA DE XUNTA XERAL EXTRAORDINARIA DE SOCIOS/AS
A directiva do Club do Mar de Mugardos convoca Xunta Xeral Extraordinaria de Socios/as do CLUB DO MAR DE MUGARDOS, para a súa celebración en Mugardos, na Cantina do Club do Mar, situado na Rúa Cantón de Cora, Núm. 16, o vindeiro 4 de febreiro de 2024 ó remate da Xunta Ordinaria previa, co gallo de tratar a seguinte orde do día:
1. Solicitude dun préstamo a entidade “ABANCA” para a adquisición de material deportivo obxecto dunha subvención da Deputación da Coruña.
2. Facultar a Don Eliseo Reborido Mato, na súa condición de presidente, para a firma do citado préstamo.
Mugardos, a 12 de xaneiro de 2024.
O PRESIDENTE
Eliseo Reborido Mato
]]>Xa está dispoñible a canle informativa vía WhatsApp do Club do Mar de Mugardos. Síguenos para estar informado de todas as nosas novidades.
Por este nova canle informarémosvos de eventos, actividades, regatas e moito máis.
¡Esperámosvos!
]]>O premio poderase cobrar no local social do Club do Mar de Mugardos do martes 2 ó venres 5 de xaneiro de 2024 en horario de 17:00 a 19:00 horas.
Para datas posteriores as participacións poderanse cobrar os venres en horario de tarde, de 17:00 a 19:00 horas..
Ante o éxito en ventas e en reparto de premios en anteriores anos, o Club do Mar de Mugardos pon a disposición de tódolos socios un novedoso sistema de venta de lotería de nadal e comprobación de premios mediante IA en tempo real.
Este novo sistema permite tanto elixir o número xogado, como comprobar o premio de forma previa mediante o uso de IA cun porcentaxe de acerto do 87,5%*.
Número:
Ano do sorteo:
Son socio do Club do Mar
Premio:
*Porcentaxe de acerto non garantido
]]>O premio poderase cobrar no local social do Club do Mar de Mugardos do martes 26 ó venres 29 de decembro de 2023 en horario de 17:00 a 19:00 horas.
Para datas posteriores estipularase un día a semana en horario de tarde.
]]>Comunicamos o falecemento de D. José Manuel Roca Díaz remeiro e presidente do Club do Mar de Mugardos do ano 2004 ó ano 2010.
Noso máis profundo pésame a súa familia e amigos dende o Club do Mar de Mugardos.
]]>