25 mar. 2019

Convocatoria de xunta xeral de socios 07/04/2019


Club do Mar de Mugardos
R/Cantón de Cora Nº16
15620 Mugardos (A Coruña)
TLF. E FAX: 981 470170

CONVOCATORIA DE XUNTA XERAL ORDINARIA DE SOCIOS/AS


De conformidad co acordo da Xunta Directiva celebrada o pasado 15 de marzo de 2019, convócase Xunta Xeral Ordinaria de Socios/as do CLUB DO MAR DE MUGARDOS, para a súa celebración en Mugardos, na Cantina do Club do Mar, situado na Rúa Cantón de Cora, Núm. 16, O VINDEIRO 7 DE ABRIL DE 2019 ás 17.30 horas, en primeira convocatoria; e ás 18.00 horas en segunda convocatoria, co gallo de deliberar e, no seu caso, adoptar acordos sobre os asuntos incluidos na seguinte: 

ORDE DO DÍA

  1. Lectura e aprobación da acta anterior, se procede.
  2. Informe económico do ano 2018.
  3. Informe deportivo e de actividades do ano 2018.
  4. Situación actual do club e proxectos para a tempada 2019.
  5. Cambio de usos do local.
  6. Acto de conciliación ó requerimento de Pulpeiros Mugardos.
  7. Rogos e preguntas.




Mugardos, a 15 de marzo de 2019.

O PRESIDENTE

Asdo. Guillermo Pereira Coto