28 dic. 2018

A sección de Actividades Subacuáticas atopa unha valiosa colección de cervexa antiga


Aclaración 29/12/2018: Esta artigo foi a inocentada de este ano.
¡Feliz día dos inocentes a todos!



Esta mañá, os participantes nun dos bautismos de mar da recén constituída Sección de Actividades Subacuáticas do Club do Mar de Mugardos, atoparon durante a súa saída unha importante colección de cervexas antigas no fondo da ría.




Durante a inmersión atopouse unha gran caixa metálica repleta de botellíns antiga cervexa perfectamente conservada, especúlase que a cervexa puido ser empregada na celebración da botadura do superpetroleiro Arteaga no ano 1972 polo estaleiro fenés de Astano.


A caixa metálica sería empregada para manter a cervexa fría mediante a súa inmersión na auga do mar desde o propio petroleiro.


Segundo expertos locais consultados, a cervexa aínda perfectamente precintada, podería acadar importante sumas na súa puxa (miles de euros por botellín), pois a baixa temperatura de conservación no fondo mariño permitiría unha lenta e única fermentación da bebida engadindo aromas e sabores mariños ó prezado beberaxe.

Esta previsto abrir un par destas excepcionais botellas nas precampanadas que organiza o Club do Mar de Mugardos o domingo 30 as 12.30 horas na cantina da sociedade.


18 dic. 2018

Vídeo arquitectura Mugardesa nos 80

Vídeo en RTVE sobre a arquitectura tradicional mariñeira no Golfo Ártabro, no que se pode ver como era Mugardos no ano 1984.

25 nov. 2018

Subvención concedida polo FEMP o C.M. de Mugardos

O proxecto "Proxecto deportivo de traíña feminina en Mugardos", con número de expediente GAL2.058, do Club do Mar de Mugardos foi elixido para a súa financiación polo "Fondo Europeo Marítimo e de Pesca" dentro do programa "AXUDAS AUTONÓMICAS PARA PROXECTOS AO ABEIRO DAS ESTRATEXIAS DE DESENVOLVEMENTO LOCAL PARTICIPATIVAS" desenrolada polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Ártabro Norte.


O proxecto que conta cun orzamento de 36.269,75€ (con I.V.E.) é financiado nun 90% (26.977,50€) polo FEMP.

O obxectivo do proxecto é: Fomentar a inclusión das mulleres no deporte tradicional do remo, mediante a súa participación na Liga Galega de Traiñeiras Feminina. A duración mínima do proxecto será de 5 anos.

As mulleres interesadas en participar poden poñerse en contacto co Club do Mar de Mugardos no email secretaria@clubdomarmugardos.com

Pódese consultar a memoria do proxecto no seguinte enlace.

28 ago. 2018

Xornada de mergullo o 22/09/18

O próximo día 22 de setembro as 11.00 horas realizarase na cantina do Club do Mar de Mugardos unha xornada sobre submarinismo e bioloxía mariña co obxectivo de comezar as actividades da nova sección de actividades subacuáticas.

A xornada comezará cunha charla na que trataranse os seguintes temas:

  1. Xeografía marítima da Ría de Ferrol (15 min).
  2. Lexislación sobre peca marítima de recreo en aguas interiores, facendo fincapé na pesca submarina (20 min).
  3. Especies mariñas de interese que habitan as rías galegas. (1 hora 20 min).
A hora prevista de finalización da charla será as 13.00 horas e os prezos son os seguintes:
  • 3€ para as persoas non socias.
  • 2€ para os socios do Club do Mar.
A partir das 13.00 horas realizaranse bautismos de mergullo básico dende terra ata 2 metros de profundidade, o custe desta actividade será:
  • 15€ para as persoas non socias.
  • 10€ para os socios do Club do Mar.
Recordar que a cota de socio do Club do Mar é de 3€ ó mes, o que conleva descontos nas actividades do club e o uso da sala de fitness da entidade.

26 mar. 2018

Calendario electoral 2018


Club do Mar de Mugardos
R/Cantón de Cora Nº16
15620 Mugardos (A Coruña)
TLF. E FAX: 981 470170

Calendario electoral 2018

Según o aprobado na Xunta Xeral Extraordinaria de socios realizada o pasado 24 de marzo publícase o calendario electoral polo que rexiranse as elección no Club do Mar de Mugardos:

  1. Convocatoria de eleccións: 24 de marzo.
  2. Exposición pública do censo electoral: 25 marzo ó 8 de abril.
  3. Presentación de reclamacións ó censo electoral: 9, 10 e 11 de abril.
  4. Resolución as reclamacións e presentación do censo definitivo: 12 de abril.
  5. Presentación de candidaturas: 13,14 e 15 de abril.
  6. Exposición pública das candidaturas presentadas: 16 a 23 de abril.
  7. Impugnación e reclamacións as candidaturas presentadas: 24 ó 27 de abril.
  8. Resolucións as reclamacións e publicacións das candidaturas definitivas: 28 de abril.
  9. Eleccións: 5 de maio.
  10. Proclamación da candidatura electa: 9 de maio.

Actualización 16/04/2018

A única candidatura que se presentou ó proceso electoral foi a actual directiva do Club do Mar de Mugardos polo que esta proclámase como nova Xunta Directiva da entidade.

11 mar. 2018

Convocatoría Xunta Xeral Ordinaria e Extraordinaria do 24 de Marzo de 2018


Club do Mar de Mugardos
R/Cantón de Cora Nº16
15620 Mugardos (A Coruña)
TLF. E FAX: 981 470170

CONVOCATORIA DE XUNTA XERAL ORDINARIA DE SOCIOS/AS

De conformidad co acordo da Xunta Directiva celebrada o pasado 9 de marzo de 2018, convócase Xunta Xeral Ordinaria de Socios/as do CLUB DO MAR DE MUGARDOS, para a súa celebración en Mugardos, na Cantina do Club do Mar, situado na Rúa Cantón de Cora, Núm. 16, O VINDEIRO24  DE MARZO DE 2018 ás 17.30 horas, en primeira convocatoria; e ás 18.00 horas en segunda convocatoriae, co gallo de deliberar e adoptar acordos sobre os asuntos incluidos na seguinte 

ORDE DO DÍA 
  1. Lectura e aprobación da acta anterior, se procede.
  2. Informe económico do ano 2017.
  3. Informe deportivo e de actividades do ano 2017.
  4. Situación actual do club e proxectos para a tempada 2018.
  5. Proposta de aumento da cota ós socios/as da sociedade. Someterase a votación.
  6. Procedemento a seguir nas eleccións á Presidencia do Club do Mar de Mugardos por fin de mandato do actual Presidente.
  7. Rogos e preguntas.

CONVOCATORIA DE XUNTA XERAL EXTRAORDINARIA DE SOCIOS/AS

A directiva do Club do Mar de Mugardos convoca Xunta Xeral Extraordinaria de Socios/as do CLUB DO MAR DE MUGARDOS, para a súa celebración en Mugardos, na Cantina do Club do Mar, situado na Rúa Cantón de Cora, Núm. 16, o vindeiro 24 de marzo de 2018 ó remate da Xunta Ordinaria previa, co gallo de convocar eleccións a
Presidencia conforme a seguinte orde do día:

1. Calendario electoral.
2. Sorteo membros componentes Xunta Electoral.
3. Elección e nombramento dos componentes da Mesa Electoral.



Mugardos, a 9 de xaneiro de 2018.
O PRESIDENTE

Asdo. Don Guillermo Pereira Coto