Ruta BTT solidaria con Asfedro

O próximo domingo 18 de decembro realizarase a “I Ruta BTT solidaria con Asfedro:

  • Ruta de iniciación á BTT para nenos e familias, cun percorrido entorno ós 12-14 Km. A idade mínima é de 5 anos e asimesmo é imprescindible un bo manexo da bicicleta ó discurrir a ruta por terreo non asfaltado.
  • A ruta sairá neutralizada as 10.15 horas dende o local do Club do Mar de Mugardos para realizar a saída as 10.30 diante do edificio do Concello de Mugardos.
  • O prezo da inscrición é de 5€, destinados integramente a Asfedro.
  • Para inscribirse pode empregar o seguinte formulario de inscrición ou facelo tanto na cantina do Club do Mar de Mugardos como na sede de Asfedro.
  • O día da ruta tamén será posible inscribirse no Club do Mar polo que aconsellamos ós interesados en inscribirse ese día que acudan con antelación para evitar retrasos na saída da proba.