9 jun. 2016

Comezo da escola de remo no periodo de verano

O vindeiro mércores 6 de xullo comezará a escola de verán do Club do Mar e rematará o 26 de agosto.
O horario durante o período estival será de luns, mércores e venres de 11.00 a 13.00 horas.
A “Escola de Remo” está destinada a rapaces nacidos no 2007 e con anterioridade.



Para apuntarse poden facelo no local social do Club do Mar de Mugardos (R\ Cantón de Cora, num. 16. Mugardos) a partir do 22 de xuño en horario de tarde (18.30 a 22.00) ou ben enviando ó noso correo electrónico o seguinte formulario debidamente cuberto:

Ante calquera dúbida poden contactarnos no e-mail clubdomarmugardos@hotmail.com