Faleceu onte (28/03/2016) D. Luis Dieste Bastida "Lucho", presidente de honra desta entidade, ós 93 anos de idade.
D. Luis Dieste foi un dos maiores impulsores do remo en Mugardos, primeiro como remeiro e patrón nas primeiras traíñas mugardesas e posteriormente formando parte principal da fundación do C.M de Mugardos e que según as súas propias verbas "non me quedou posto que non desempeñara desde cobrador, adestrador,
tesoureiro e presidente; pero sempre o fixen con satisfacción porque gustábame". Exerceu como presidente desta entidade nas décadas de 1960, 1970 e 1980.
Cabe destacar os múltiples éxitos acadados nos campionatos galegos (1962, 1963, 1964, 1965, 1966, 1967 e 1969) e campionatos de España (1963 e 1966) que conseguiu como adestrador e presidente na modalidade de batel marcando unha época dourada para o C.M de Mugardos.
A directiva do club lamenta profundamente o seu falecemento e expresa o seu máis sincero pésame a familia.
29 mar 2016
7 mar 2016
Xunta xeral ordinaria do 27/03/2016
Club do Mar de Mugardos
R/Cantón de Cora Nº16
15620 Mugardos (A Coruña)
TLF. E FAX: 981 470170
CONVOCATORIA DE XUNTA XERAL ORDINARIA DE SOCIOS/AS
De
conformidad co acordo da Xunta Directiva celebrada o pasado 26 de febreiro de 2016, convócase Xunta Xeral Ordinaria de Socios/as do
Club Do Mar De Mugardos, para a súa celebración en Mugardos, na
Cantina do Club do Mar, situado na Rúa Cantón de Cora, Núm. 16, O
VINDEIRO 27 DE MARZO DE 2016 ás 11.00 horas, en primeira
convocatoria; e ás 11.30 horas en segunda convocatoria no caso de non obterse o quorum suficiente, co gallo de
deliberar e adoptar acordos sobre os asuntos incluidos na
seguinte
ORDE DO DÍA
- Lectura e aprobación da acta anterior, se procede.
- Informe deportivo e de actividades do ano 2015.
- Informe económico do ano 2015.
- Situación actual do club e proxectos para a tempada 2016.
- Rogos e preguntas.
Mugardos, a 1 de marzo de 2016.
O PRESIDENTE

Asdo. Don Guillermo Pereira Coto
NOTA IMPORTANTE: En breve porase a disposición de todolos socios/as, na cantina e na oficina do Club, a documentación da asamblea no que se refire á Memoria Económica, Memoria de actividades desenvolvidas no ano 2015 así como o proxecto da Sociedade para o ano 2016.
O día da Asamblea porase a citada documentación a disposición dos socios/as asistentes.
Actualización [26/03/16]:
O día da Asamblea porase a citada documentación a disposición dos socios/as asistentes.
Actualización [26/03/16]:
Publicado por
Club do Mar Mugardos


Enviar por correo electrónicoEscribe un blogCompartir con TwitterCompartir con FacebookCompartir en Pinterest
Etiquetas:
Xuntas
Suscribirse a:
Entradas (Atom)