27 dic. 2014

Novo sistema de análise de rendemento biométrico


[Actualización 29/12/2014] Esta noticia evidentemente foi unha inocentada.

De cara a vindeira tempada o Club do Mar de Mugardos contará cun novo sistema de análise de rendemento biométrico incorporado nas súas embarcación e bicicletas.

A aparición de novas tecnoloxías nos últimos anos permite a obtención de moitísima e importantísima información para os adestradores, o que lles permite obter mellores resultados e unha mellor preparación de cara a tempada.

Este novo sistema conta con sensores de forza nos toletes ou nas bielas das bicicletas, xiroscopios e sensores GPS para obter a máxima información en cada momento. O software de intelixencia artificial e os sensores son parte dun desenrolo da Universidade de Illinois que mediante unha colaboración coa UDC ofrece estes sistemas as empresas e clubs en Galicia. O software  HAL-9000 (polas súas siglas en inglés Heuristically programmed ALgorithmic) é unha potente ferramenta capaz de analizar esta información en tempo real decidindo en cada momento cal é a mellor estratexia de cara á competición.


Ainda que non se fixo públco o sistema xa foi probado na regata da Concha

O software tamén conta cunha aplicación para móbil que instalase nos teléfonos intelixentes dos deportistas e monitoriza a sua actividade diaria e hábitos de alimentación, podendo desta maneira controlar mellor a preparación individual de cada un. A ferramenta HAL-9000 e capaz de tomar decisións polo ben dos integrantes da tripulación podendo advertir de condutas deportivamente contraproducentes ou hábitos de alimentación nocivos e en caso extremo chegando a descartar remeiros que contraveñan as directivas.

Nunha segunda fase de implantación, posiblemente de cara a tempada 2016, mellorarase o sistema con hardware IBM 7094  e con sensores biométricos con modo de funcionamento dúplex, capaces de recibir información e interactuar cos deportistas mediante descargas eléctricas de alto voltaxe. Incluso sería posible nesta fase prescindir da figura do entreador evitando así os bucles Hofstadter-Moebius sendo capaz o propio software de levar a cabo a preparación da tempada por él mesmo, sen intervención humana.

Para suavizar a resposta dos deportistas ante a posta en marcha do sistema, a interface vocal do mesmo contará coa voz dixitalizada do actual adestrador da traíña José Manuel Peláez "Pendo".