24 jul. 2013

Presentación da "III Bandeira Reganosa"

Este martes 23 de xullo presentouse no salón de plenos do concello de Mugardos a "III Bandeira de Traíñas Reganosa" patrocinada por Reganosa e organizada polo Club do Mar de Mugardos e a Liga Galega de Traiñeiras.


Ó acto de presentación foi presidido por D. Carlos Vales (Director de Operacións de Reganosa), D. Xosé Barcia (Alcalde de Mugardos), Dª. Pilar Díaz (Responsable de Deportes) e D. Guillermo Pereira Coto (Presidente do Club do Mar de Mugardos).
O acto tamén acudiron representantes dos diferentes grupos políticos municipais.





Na regata, que se disputará o próximo domingo 28 de Xullo as 12.00 horas, competirán os oito equipos que conforman a Liga A da LGT: Chapela, Amegrove, Samertolomeu de Meira, Cabo da Cruz, Vilaxoán, A Cabana e C.R. Mecos. A regata percorrera unha distancia de 5556 metros divididos en 4 longos, dende o peirao de Mugardos ata o peirao carboeiro de Ferrol aproximadamente.


Ó rematar a regata as 13.30 horas, como ven sendo tradición, realizarase unha churrascada no Club do Mar para celebrar con tódolos socios e xiareiros esta nova edición da Bandeira do Club.

Documentación da III Bandeira Reganosa [PDF 4,9 MB]