23 jun. 2013

Resultados Campionato Galego Outrigers 2013

Este pasado sábado, 22 de Xuño, celebrouse en Castrelo de Miño o "Campionato Galego de Outrigers" en categorías inferiores nos que os xoves remeiros do Club do Mar de Mugardos competiron nas categorías: 2X Infantil Feminino, 2X Alevín Masculino, 1X Infantil Feminino, 1X Infantil Masculino e 1X Cadete Feminino.

Os resultados acadados, entre os que destacan a prata no 2X infantil feminino e o bronce no skiff cadete feminino, foron os seguintes:

  • 2X IF: 2º Posto (Lupa e Vanessa).
  • 2X AM: 4º Posto (Brais e Raul).
  • 1X IF: 7º Posto (Marica).
  • 1X IM: 6º e 10º Posto (David e Adrián).

  • 1X CF: 3º Posto (Leticia).
Parabéns a todos eles polos resultados acadados.

Diario de Ferrol "Los clubes locales lograron más de veinte medallas en Castrelo do Miño" [25-06-13]