8 abr. 2013

II Premio Estudo e Deporte

É unha iniciativa do IES Mugardos en colaboración co Concello de Mugardos, o Club do Mar de Mugardos, a SDC Galicia de Mugardos e a ANPA O Castro para premiar aos estudantes do centro que mellor se desenvolven nos aspectos social, deportivo e académico.
Trátase poñer en valor aos xoves con habilidades sociais capaces de organizarse e de programar o seu tempo con eficacia para render positivamente nos estudos e na actividade física.

OBXECTIVOS

  • Premiar e valorar o esforzo dos estudantes-deportistas do IES Mugardos.
  • Potenciar as actividades deportivas.
  • Mellorar o rendemento escolar.
  • Incentivar valores sociais, deportivos e académicos.
  • Integrar os ámbitos escolar e deportivo. 

PARTICIPANTES


Alumnado do IES de Mugardos que practica deportes ou actividades deportivas ou actividades físicas regulamentadas, individuais ou colectivas, coa supervisión dun adestrador ou adestradora.

Será necesario que a entidade deportiva na que o alumna ou alumna  desenvolva a súa actividade, estea disposta a participar nesta iniciativa.

PREMIOS

  • Haberá dous premios -feminino e masculino- por categoría. En caso de empate decide á maior puntuación no rendemento académico.
  • Os premios consistirán en diploma, trofeo e dotación económica e vale para uso do complexo acuático O Castro durante un mes. 
  • Os premios entregaranse no acto cultural de remate do curso 2012-2013 no IES Mugardos.