13 ene. 2013

Resultado da II Regata Cáritas en Vilaxoán

Hoxe, 13 de xaneiro, realizouse en Vilaxoán a "II Regata Cáritas" organizada polo C.R. Vilaxoán co obxectivo de recadar cartos para Cáritas.


Na regata participaron 18 traíñas, 17 masculinas e unha feminina, que puideron comprobar o seu estado de forma contra o resto de rivais de cara a nova temporada 2013. A destacar a participación das traíñas de Muros e Cabo da Cruz B, novas incorporacións a liga deste ano.



O percorrido de 5500 m de forma triangular partía do porto de Vilaxoán, viraba no múelle de Ferrazo e no illote de A Gorma para rematar no punto de partida.


E canto a resultados a S.D. Samertolomeu de Meira facíase co primeiro posto seguido moi de preto de Chapela e Cabo da Cruz, seguidos do resto de equipos a un ritmo un pouco máis baixo:
  1. Meira 16.12,23
  2. Chapela 16.14,20
  3. Cabo A 16.18,03
  4. Tirán A 16.25,97
  5. Amegrove A 16.40,62
  6. Chapela B 16.43,30
  7. Cabo B 16.44,11
  8. Tirán B 16.47,41
  9. C.M. Mugardos 16.51,76
  10. Vilaxoán 16.53,72
  11. Mecos 16.59,51
  12. Rianxo 17.02,82
  13. Muros 17.16,66
  14. Cesantes 17.19,86
  15. Coruxo 17.21,34
  16. Amegrove B 17.53,05
  17. Puebla 18.24,12
  18. Cabo (Tripulación Feminina) 18.56,16



Galería Fotográfica [67 fotos]
Tempos e fotos [Todoremo.com]