5 ago. 2012

III Festa de Verán do Club do Mar

O vindeiro sábado 18 de Agosto levarase a cabo a "III Festa de Verán" do Club do Mar de Mugardos na que se realizarán actividades durante todo o día.
A xornada comezará coa "III Ruta de Verán" de BTT organizada pola nosa sección de ciclismo, os Pulpeiros BTT. Esta é unha ruta de introdución a bicicleta de montaña orientada para os nenos e familias, cunha dificultade media baixa. Nela poderán participar nenos a partir dos 5 anos; pero que posúan un bo manexo da bicicleta. A saída efectuarase dende o Club do Mar as 10.00 horas. O percorrido consta dun avituallamento a metade de camiño para repoñer forzas e sortearanse agasallos ó final da ruta .
En calquera caso, pensando nos máis pequenos para que tamén poidan participar na actividade, ó regresar da ruta principal farase unha minirruta que partirá diante da pista polideportiva das Casas Baratas, entorno as 12.45 horas, para dar unha volta polo pobo.

Os prezos serán os seguintes:
  • 2€ socios.
  • 5€ non socios.
  • De balde, os cativos que fagan a minirruta.

Para realizar calquera das rutas e obrigatorio o emprego de casco, sen él non será posible a participación.

As inscricións para a ruta poderán realizarse no seguinte formulario, no Decathlon de Ferrol (onde se sortearán vales desconto entre os alí inscritos) ou na cantina do Club do Mar.


III Ruta de Verán

A partir das 12.00, diante do local social do club do Mar, comezará a venta de tickets para as degustación comezando as degustacións de polbo a feira e de navallas a prancha a partir das 13.00 nas carpas situadas diante do club. Nelas se poderá disfrutar de polbo, cachelo, pan e viño por 10€ e da ración de navallas a 8€.

Pulpo a la gallega - jlastras Navajas - by onnoth
Para amenizar a sobremesa teremos a actuación de grupos musicais en directo e os máis pequenos poderán xogar nas atraccións inchables.
Actuarán:
  • 13.00 - Vai Rañala Meu (Música Tavernaria)
  • 19.30 - Os Dous de Sempre + Un
A primeira hora da tarde comezarán os xogos populares, como a cucaña e a corda, para rematar a festa cunha regata de bateis na que participarán as escolas de remo de verán dos clubs da zona.