29 jul. 2012

Resultado da "II Bandeira Reganosa"

Este sábado 28 de Xullo levouse a cabo a segunda edición da "Bandeira Reganosa" organizada polo Club do Mar de Mugardos. Este ano competiron na regata mugardesa os oito equipos da Liga A pertencentes a "Liga Galega de Traiñeiras":
  • Chapela
  • Amegrove
  • Samertolomeu de Meira
  • Cabo da Cruz
  • Vilaxoán
  • A Cabana
  • Mugardos
  • Ares
O tempo acompañou a competición cun día soleado acompañado de vento do nordeste encarado na mesma dirección co campo de regatas, o que facía os longos en contra do vento un pouco máis duros; pero non dificultaba en exceso a remada das traíñas.


Na primeira quenda participaban os equipos da zona (Ares, A Cabana e Mugardos) xunto con Vilaxoán. Neste grupo destacaba a loita polo sexto posto, posto que conleva non remar o play-off , entre A Cabana e Mugardos coa traíña ferrolá a tan so dous puntos de ventaxa dos anfitrións.


Despois dunha saída nula, na que A Cabana foi sancianada con 5 segundos, comezou a proba cun Vilaxoán moi forte seguido de cerca de Mugardos e A Cabana, mentras que Ares quedaba descolgado. Conforme avanzaban os longos Vilaxoán e Mugardos mantiveron o ritmo, o que fixo que A Cabana se quedara atrás. Os bos tempos acadados permitirían as dúas traíñas mellorar o tempo de Cabo da Cruz que remaría posteriormente na segunda tanda, quedando 4ª Vilaxoán e 5ª Mugardos. A Cabana remataba 7ª cedendo dous puntos na xeral ante Mugardos, empatando a puntos, mentras que Ares remataba 8ª.


Na segunda tanda participaban os dous equipos favoritos para facerse coa liga: Chapela, líder na clasificación, e Amegrove, que viña de gañar as dúas últimas regatas. Unha primeira saída nula costaríalle a Amegrove unha penalización de 5 segundos.


Unha vez comezada a regata Chapela, nun alarde de forza, mantiña un ritmo durísimo o que iba deixando atrás a Amegrove e a Samertolomeu, mentrás que Cabo da Cruz descolgábase e quedaba rezagado. O final venzou con claridade Chapela seguido de Amegrove e a 5 segundos exactamente entraba Samertolomeu e xa a máis de 20 segundos Cabo. Este feito unido a penalización de 5 segundos de Amegrove fixo que Samertolomeu e Amegrove empataran co mesmo tempo 20:01:94, aínda que sería Amegrove o que se levaría a segunda praza o aplicarse a normativa vixente en caso de empate compartindo os dous segunda posición e mesmos puntos.


Chapela faciase coa "II Bandeira Reganosa" que lle era entregada por D. Emilio Bruquetas Director Xeral de Reganosa e mantiña o seu primeiro posto na xeral a catro puntos de Amegrove.


Galería Fotográfica da "II Bandeira Reganosa" [115 fotos]

Tempos da regata [Ligalgt.com]

La Voz de Galicia [29/07/2012]
Faro de Vigo [29/07/2012]