9 jun. 2012

Acto de entrega do "1º premio Estudo e Deporte"

O 21 de xuño as 18.00 horas realizarase no IES Mugardos o acto de entrega do 1º premio "Estudo e Deporte", galardón co que se pretende premiar os alumnos con mellor desenvolvento tanto académico como deportivo e social.

Na primeira parte do acto homenaxarase ás directivas dos clubes deportivos mugardeses, intervindo representantes do Club do Mar de Mugardos e do SDC Galicia de Mugardos.

Na segunda parte do acto farase entrega dos premios "Estudo e Deporte" ós alumnos do IES de Mugardos galardonados.


Máis información: I Premio Estudo e Deporte