27 may. 2012

Resultados "Clasificatoria Campeonato Galego Traineriñas" 2012

Este pasado sábado, día 26 de Maio, celebrouse en Moaña a clasificatoria para o Galego de Traineriñas no que participou a tripulación absoluta masculina de Mugardos.

Á chegada ó campo de regatas moitos equipos víronse sorprendidos polas dificultosas condicións do campo de regatas cun mar moi movido e vento intenso procedente da entrada da ría de Pontevedra, polo que comezaron as presas por preparar os bota-augas e palcas das embarcacións así como outras solucións máis os estilo MacGyver.
Co comezo das regatas puido comprobarse que estas preparacións de última hora non foron en balde pois comezaron os saltos nas traineriñas e os longos en contra do vento e mar facíanse eternos en comparación cos de volta.

Na categoría Absoluta Feminina conseguiron o seu pase para a final as tripulacións de S.D. Samertolomeu, C.M. Bueu, C.R. Cabo da Cruz, S.D. Tirán e C.R. Ares.


A categoría Xuvenil Masculina foi a máis accidentada das tres categoría en competición e na que a traineriña do C.R Cesantes abandonaba a competición despois de perder un dos seus remeiros na segunda virada.


En Xuvenil pasaron a final A.D. Esteirana, Amegrove C.R., C.R. Rianxo, C.R. Rianxo, C.R. Cabo da Cruz, e C.R. Ares.

Na categoría Absoluta Masculina participaba Mugardos cunha embarcación prestada por Amegrove. Os remeiros do Club do Mar non conseguiron encontrar a súa remada en toda a regata e acabaron en última posición da súa tanda quedando fora da final.


Na categoría Absoluta Masculina clasificabanse C.R. Cabo da Cruz, C.R. Moaña, S.D. Tirán, C.R. Chapela e C.R. Vilaxoán.


Galería fotográfica da regata

todoremo.com "Tempos e Clasificacións"

El diario de Ferrol "Las dos trainerillas de Ares lograron en Tirán el pase a las finales del Campeonato Gallego" [27/05/2012]