18 may. 2012

Fin de semana intenso de competición

Este vindeiro fin de semana (19 e 20 de Maio) será intenso para os integrantes do Club do Mar de Mugardos que disputarán probas en tódalas disciplinas deportivas nas que compite a entidade.

En remo olímpico o Club do Mar competirá na “XX Copa Primavera”, realizada no embalse de Trasona, contra outros 36 clubs de remo de toda España. No evento participarán Jesús Rodríguez Barcia en skiff na categoría alevín masculino e Marica López Otero tamén en skiff na categoría infantil feminino.

En remo de banco fixo a tripulación senior do Club do Mar disputará en Rianxo o sábado e o domingo o “Campeonato Territorial Norte de Traineriñas”.

Na sección de ciclismo nada menos que 14 integrantes participarán na durísima ruta de “Los 10000 del Soplao” na que compiten máis de 8000 deportistas. Na modalidade de BTT recórrense uns durísimos 315 km nun terreo moi escarpado.

Foto da regata en Castrelo de Miño [13/05/2012]

Actualización [22/05/2012]