23 may. 2012

Acto de presentación da nova traíña do Club do Mar


O Club do Mar de Mugardos presentará publicamente a nova traíña da sociedade, de nome Bestarruza, nun acto que terá lugar este venres (25 de Maio) as 18.00 horas diante do local social do club e o que están convidados tódolos socios e seareiros do club.

O programa do acto será o seguinte:

  • Recepción de autoridades e convidados entre os que se atoparán persoeiros de institucións públicas e privadas relacionadas co deporte e o mundo empresarial, tanto a nivel autonómico como local e comarcal. 
  • Presentación do acto ó longo do cal intervirán algúns dos persoeiros así como o Presidente da sociedade, e no que se presentará a recén adquirida traíña, patrocinada pola empresa Reganosa, que será bautizada en presenza da madriña da embarcación, a socia María Fariña Vázquez.
  • Entrega dun recordo ás empresas colaboradoras co Club do Mar na pasada tempada, así como unha distinción especial á empresa  Reganosa polo patrocinio da traíña na pasada edición da Liga Galega de Traíñas, coa entrega ós seus Directivos dunha réplica da bandeira da “ I Bandeira de Traíñas Reganosa", bordada a man por unha artesá mugardesa.
  • Rematando o acto, e tras unha sesión fotográfica en lembranza do acontecemento, servirase un ágape diante do club e porase fin ó acto.



[Actualización 25/05/2012]






Galería fotográfica da presentación

Todoremo.com "Mugardos se viste de largo" [25/05/2012]
Diario de Ferrol "El Club del Mar de Mugardos confía en su 'Bestarruza'" [26/05/2012]