1 abr. 2012

Resumo da "I Contrarreloxo Club do Mar - Pulpeiros BTT"

Este sábado,día 31 de Marzo de 2012, levouse a cabo a "I Contrarreloxo Club do Mar - Pulpeiros BTT" na que participaron máis de 100 ciclistas. A contrarreloxo comezou no horario previsto e cun tempo marcado polos ceos despexados e as temperaturas agradables, aínda que cara última hora o fume do incendio nas fragas do Eume chegou a escurecer o ceo por momentos.
A proba desenrolouse según o previsto nun circuíto moi divertido que partía dende o peirao da vila para despois recorrer carreiros de todo o pobo conformando un circuíto de 16 km ó que era necesario dar dúas voltas na categoría masculina e unha volta na categoría feminina. A chegada realizouse no mesmo punto de partida, diante do local social do Club do Mar, na que estaba situada o avituallamento para os esgotados ciclistas.



O mellor tempo na categoría masculina foi de 1 hora 11 minutos e 59 segundos, namentres que a máis rápida das mulleres completaba o circuíto en 52 minutos e 59 segundos.

A contrrreloxo concluíu coa entrega de trofeos e premios para os ciclistas cos mellores tempos.


Dende o Club do Mar agradecemos a tódolos colaboradores do evento, sen a súa colaboración non sería posible realización da proba (Concello de Mugardos, Eumebike, CiclosRoca e Powerade); pero gustaríanos agradecer de forma moi especial a colaboración da Policía Municipal de Mugardos e os voluntarios de Protección Civil, cuxo esforzo foi imprescindible para a bo desenrolo e seguridade da contrarreloxo.

O fume chegou a escurecer o ceo por momentos



Tempos e clasificación da contrarreloxo [PDF 60KB]

Fotos de Alberto Fdez [facebook]
Fotos do Club do Mar [facebook]
Fotos de Javier Vilar [picasaweb]
Fotos de 10595354255906727... [picasaweb]
Fotos de Ramón Romero [Google Plus]