27 abr. 2012

I Premio Estudo e Deporte

É unha iniciativa do IES Mugardos en colaboración co Concello de Mugardos, o Club do Mar de Mugardos e o Club de Fútbol Galicia de Mugardos, para premiar aos estudantes do centro que mellor se desenvolven nos aspectos social, deportivo e académico e así poñer en valor aos xoves con habilidades sociais capaces de organizarse e de programar o seu tempo con eficacia para render positivamente nos estudos e no deporte.

OBXECTIVOS

  • Premiar e valorar o esforzo dos estudantes-deportistas do IES Mugardos.
  • Promocionar a cultura do “xogo limpo”.
  • Potenciar as actividades deportivas
  • Mellorar o rendemento escolar. 
  • Incentivar valores sociais, deportivos e académicos.
  • Integrar os ámbitos escolar e deportivo.

PARTICIPANTES

Alumnado do IES de Mugardos que practica deportes ou actividades deportivas regulamentadas e federadas, individuais ou colectivas, coa supervisión dun adestrador ou adestradora.
Será necesario que a entidade deportiva á que está vinculado o alumnado deportista, estea disposta a participar nesta iniciativa.


PREMIOS

Haberá dous premios -feminino e masculino- por categoría. En caso de empate decide á maior puntuación no rendemento académico.
Os premios consistirán en diploma, trofeo e dotación económica.
Farase a entrega dos premios no salón de actos do Instituto de Mugardos no mes de xuño dentro do acto cultural de remate do curso 2011-2012.

ENTIDADES DEPORTIVAS E NÚMERO DE DEPORTISTAS:

Entidad deportiva Número de deportistas
Club de Fútbol Galicia de Mugardos 27
Club de Fútbol Galicia de Caranza 1
Club do Mar de Mugardos 12
Club de Fútbol Maniños 1
Club de Remo de Ares 10
BTT Mugardos (Club do Mar Mugardos) 1
Club de Fútbol Numancia de Ares 8
Kárate, EKF 1
Club de Fútbol Racing de Ferrol 2
Kárate Mugardos 1
Kárate Ares 2
Blc Basquetmi Ferrol 1
Kárate Franza 2
Tiro con arco Ferrol 1
Kárate Narón 2
Tiro con arco Ares 1

Documentación do premio [PDF]

El Diario de Ferrol "Mugardos reconoce a sus 'estudiantes-deportistas' "