27 ene. 2012

Convocatoria de xunta xeral o día 12 de febreiro de 2012


Club do Mar de Mugardos
R/Cantón de Cora Nº16
15620 Mugardos (A Coruña)
TLF. E FAX: 981 470170

CONVOCATORIA DE XUNTA XERAL ORDINARIA DE SOCIOS/AS



De conformidad co acordo da Xunta Directiva celebrada o pasado 20 de xaneiro de 2012, convócase Xunta Xeral Ordinaria de Socios/as do CLUB DO MAR DE MUGARDOS, para a súa celebración en Mugardos, na Cantina do Club do Mar, situado na Rúa Cantón de Cora, Núm. 16, O VINDEIRO 12 DE FEBREIRO DE 2012 ás 11.00 horas, en primeira convocatoria; e ás 11.30 horas en segunda convocatoriae, co gallo de deliberar e, no seu, adoptar acordos sobre os asuntos incluidos na seguinte 



ORDE DO DÍA 


  1. Lectura e aprobación da acta anterior, se procede.
  2. Informe deportivo e de actividades do ano 2011.
  3. Informe económico do ano 2011.
  4. Situación actual do club e proxectos para a tempada 2012.
  5. Aprobación de pago das cuotas de socio trimestralmente.
  6. Rogos e preguntas.

Mugardos, a 23 de xaneiro de 2012.
O PRESIDENTE

Asdo. Don Guillermo Pereira Coto

Actulización:


Memoria 2011 / Proxecto 2012