13 oct. 2011

Recollida de firmas contra a localización da bomba de impulsión de augas residuais

Estase a levar a cabo no Club do Mar de Mugardos unha recollida de firmas contra da instalación dos depósitos e bombas de impulsión de augas residuais no paseo marítimo de Mugardos, na rúa Cantón de Cora entre a "Casa da Serea" e o local social do Club do Mar. Esta actuación englobase no plan de saneamento na zona norte da ría de Ares e na zona sur da ría de Ferrol, Ares, Fene e Mugardos que se está a levar a cabo para adaptar o tratamento de augas residuais a normativa da Unión Europea e conta cun presuposto de 87.216.849,40 €.

Ubicación proposta pola empresa encargada das obras


Os motivos polos que creemos que este non e o lugar axeitado para a instalación destas infraestruturas son os seguintes:
  • Dana o valor turístico do paseo marítimo de Mugardos.
  • A instalación destas infraestruturas producirá cheiros e ruidos o que será un problema para visitantes e veciños do noso pobo.
  • Dana o entorno dun edificio con gran valor histórico e artístico como e a “Casa da Serea”, ademais dos posibles danos ocasionados durante a realización das obras.
Por estes motivos pedimos a colaboración de todos os veciños que compartan os nosos puntos de vista e se acheguen a firmar ó Club do Mar a petición que posteriormente será remitida o concello.

Se queres colaborar con nós tamén podes recoller firmas imprimindo o seguinte documento para logo entregalas no local social do Club do Mar de Mugardos.