23 sept. 2011

Aberto prazo inscrición Escola de Remo 2011/12

Ábrese o prazo de inscrición para apuntarse a Escola de Remo do Club do Mar de Mugardos a cal comezará o 19 de Outubro.
A Escola de Remo está dirixida a rapaces maiores de 10 anos (nácidos a partir do 2002).
Os interesados en inscribirse deberán apuntarse no seguinte formulario.

18 sept. 2011

Nova galería fotográfica: Festas do Carmen 1994

Nova galería fotográfica con fotos das Festas do Carmen en Mugardos no ano 1994.
As festas de ese ano comezaron o venres 15 de Xulio de 1994 cun desfile de carrozas seguido pola actuación dos grupos "Barrok" e "Bonitos del Norte", xa pola noite. O sábado levouse a cabo a "IV Festa do Polbo". O domingo realizouse a tradicional procesión marítima, celebrouse unha regata de yolas por parte do Club do Mar e rematouse cun espectáculo pirotécnico pola noite.






Ver a galería fotográfica completa